Ramón María Narváez y Campos

marzo 14, 2010 en 4:05 pm | Publicado en 2ª trimestre, Fichas graficas de personaxes históricos | Deja un comentario

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.- Ramón María Narváez y Campos

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político e militar español.
COORDENADAS VITAIS.- Nado en Loja (Granada) o 5 de agosto de 1800 e falecido en Madrid o 23 de abril de 1868.
ORIXE FAMILIAR.- Fillo de José María Narváez y Porcel, 1er conde de Cañada Alta, e María Ramona Campos y Mateos, tivo un irmán chamado José Narváez y Campos, 2º conde de Cañada Alta.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- A súa carreira militar comezou no rexemento de Gardas Valonas en 1815, e en 1822 serviu baixo o mando de Francisco Espoz y Mina en Cataluña, onde sería apresado polas tropas dos Cen Mil Fillos de San Luís. Permaneceu en Francia até 1824. Tras rexeitar calquera tipo de cargo durante o Reinado de Fernando VII de España, incorporouse en 1834 ao lado dos isabelinos durante as Guerras Carlistas.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Durante 1837 encárgaselle o mando das reservas andaluzas para expulsar aos carlistas de Castela, e durante esta campaña nace unha forte enemistade co xeneral Espartero. A súa grande habilidade militar e a súa ideoloxía liberal fixeron que tanto progresistas como moderados pretendesen que se incorporara aos seus partidos. A pesar de isto tivo que exiliarse despois de presidir xunto co xeneral Córdoba unha xunta de oposición a Espartero. Permanecería en París durante os tres anos que durou a Rexencia.En 1843 regresaría a Valencia, e o 23 de xullo dese mesmo ano, derrotaría as tropas esparteristas de Seoane en Torrejón de Ardoz, preto de Madrid; por esta vitoria sería ascendido a tenete xeneral. En novembro é vitima dun atentado en Madrid do que consegue sobrevivir.

Ao rematar a Rexencia de Espartero, a maioría de idade de Isabel II en 1844, foi nomeado presidente do goberno e converteuse nun dos impulsores da Constitución de 1845. O 26 de novembro de 1847 Isabel II premia a súa lealdade concedendolle o Ducado de Valencia con Grandeza de España. En 1851 presentou a súa dimisión, pero tras o golpe de Leopoldo O’Donnell foi chamado de novo para formar goberno en 1856. Entre 1856 e 1868 presidiu tres gabinetes ministeriais, dende os cales exerceu unha política represiva contra calquera manifestación revolucionaria. Tras a súa morte produciuse a Revolución de 1868, que derrocaría a Isabel II.

IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Liberal.
PRODUCCION LITERARIA.-
Anuncios

Evaristo Pérez de Castro

marzo 14, 2010 en 4:00 pm | Publicado en 2ª trimestre, Fichas graficas de personaxes históricos | Deja un comentario

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.- Evaristo Pérez de Castro

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político español.
COORDENADAS VITAIS.- Nado en Valladolid en 1778 e falecido en Madrid en 1848.
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- 
CURRICULUM PROFESIONAL.-  Foi deputado nas Cortes de Cádiz, onde tivo un papel activo ao reclamar a soberanía nacional para as mesmas trala invasión napoleónica. Foi enviado como extraordinario en Lisboa en 1809-10, e a xunta de goberno comisionouno para ir a Bayona a entrevistarse con Fernando VII, cautivo de Bonaparte. Foi deputado a Cortes en 1814, e entre 1817 e 1820 ministro de España nas cidades hanseáticas. Como Ministro de Graza e Xustiza durante o Trienio Liberal decretou a amnistía do 23 de abril de 1820, que permitiu o regreso a España dos afrancesados. Trala década ominosa e o falecemento do rei, volveu á diplomacia.Coa promulgación da Constitución de 1837 evoluiu cara a posturas moderadas. En momentos particularmente turbulentos, a raíña rexente María Cristina chamouno para encomendarlle a presidencia do Consello de Ministros, , á fronte dun gabinete que combinaba moderados e progresistas.Estivo un ano e medio á fronte do goberno.  Baixo o seu mandato, Baldomero Espartero firmou no seu nome e no da rexente o Convenio de Oñate, que puxo fin á Primeira Guerra Carlista.

O goberno de Pérez de Castro promulgou unha lei electoral que creaba pequenos distritos. A aprobación desta lei dividiu a sociedade política da época e terminou coa renuncia da rexente María Cristina, por non avirse a negar a súa sanción da lei. Con Espartero encumiado como rexente, Pérez de Castro emigrou a Francia e non regresou até a súa caída en 1843.

IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Moderado.
PRODUCCION LITERARIA.-

Javier de Burgos y del Olmo

marzo 14, 2010 en 3:55 pm | Publicado en 2ª trimestre, Fichas graficas de personaxes históricos | Deja un comentario

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.- Javier de Burgos y del Olmo

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA 

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político, periodista, dramaturgo e traductor español.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Motril, Granada, o 22 de outubro de 1778 e faleceu en Madrid o 22 de xaneiro de 1848.
ORIXE FAMILIAR.- De familia noble aínda que non acaudalada estaba destinado a servir á Iglexa.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Pronto abandoou os estudos relixiosos en Granada, trasladándose a Madrid para adicarse aos estudos de xurisprudencia. Coa invasión napoleónica pasou ao seu servizo ocupando en Andalucía distintos cargos. Dada a súa condición de afrancesado, en 1812 trasladouse a París onde completou a súa formación mediante o estudo das obras dos clásicos.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Retornou a Madrid en 1819 e en 1822 foi nomeado director de El Imparcial, periódico alrededor do cal se reunieron os afrancesados portadores das novas ideas. A súa labor como periodista compagxinábase cunhan labor como escritor, destacando a súa Biografía universal antigua y moderna. De 1827 a 1833 desempeñou distintos cargos de importancia na Administración. En 1833, ao comenzo do reinado de Isabel II, baixo a rexencia de María Cristina de Borbón, foi nomeado Secretario de Estado de Fomento baixo o ministerio de Cea Bermúdez e foi nese cargo no que estableceu a división territorial por provincias, baseándose nos planteamentos do Novo Réxime pero tomando como base a antiga división en reinos de España. O decreto foi aprobado o 30 de novembro e o 22 de dicembro de ese mismo ano foi nomeado Ministro de Facenda. Foi senador e conselleiro real e en 1846 co primero goberno de Narváez ministro da Gobernación, cargo que deixou nese mismo ano ao ser nomeado Francisco Javier de Istúriz ao fronte do goberno.Durante os seus últimos años volveu a cultivar a poesía e ademáis da revisión da traducción de Horacio escribiu poesía de circunstancias sendo de destacar unha canción fúnebre á morte da raíña Isabel de Braganza, unha oda ao casamento do rei Fernando VII con María Cristina de Borbón.
IDEOLOXÍA.-
PRODUCCION LITERARIA.-

  • Biografía universal antigua y moderna
  • Oda a la Razón y Al porvenir
  • Los tres iguales
  • Anales del reinado de Doña Isabel II

José María Calatrava y Martínez

marzo 14, 2010 en 3:53 pm | Publicado en 2ª trimestre, Fichas graficas de personaxes históricos | Deja un comentario

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.- José María Calatrava y Martínez

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político e xurista español.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Mérida en 1781 e faleceu en Madrid en 1846.
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudou Dereito en Sevilla.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Cando estallou a guerra fronte aos franceses, participou moi activamente en contra da ocupación militar desde a unta Suprema de Extremadura, onde foi elexido deputado en 1810 en representación de Badaxoz, participando de forma importante nas Cortes de Cádiz. Tras a restauración absolutista foi preso e encarcelado en Melilla ata que é amnistiado con ocasión da chegada ao poder dos liberais, sendo nomeado maxistrado do Tribunal Supremo e desde 1822 ata 1823, Ministro de Graza e Xusticia. O fin do Trienio liberal supuxo o seu exilio en Portugal, Inglaterra e Francia, xunto ao seu irmán, Ramón María de Calatrava. Coa morte de Fernando VII e a chegada da Rexencia de María Cristina regresa a España e tras o Motín de la Granja de San Ildefonso é nomeado Presidente do Consello de Ministros, en substitución de Francisco Javier de Istúriz encargando a carteira de Facenda a Mendizábal para que completara a reforma da facenda pública. En 1837 cesa como Presidente en beneficio de Eusebio Bardají Azara.  
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao partido liberal.
PRODUCCION LITERARIA.-

José María Calatrava y Martínez

marzo 14, 2010 en 1:51 pm | Publicado en 2ª trimestre, Fichas graficas de personaxes históricos | Deja un comentario

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.- José María Calatrava y Martínez

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político e xurista español.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Mérida en 1781 e faleceu en Madrid en 1846.
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudou Dereito en Sevilla.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Cando estallou a guerra fronte aos franceses, participou moi activamente en contra da ocupación militar desde a unta Suprema de Extremadura, onde foi elexido deputado en 1810 en representación de Badaxoz, participando de forma importante nas Cortes de Cádiz. Tras a restauración absolutista foi preso e encarcelado en Melilla ata que é amnistiado con ocasión da chegada ao poder dos liberais, sendo nomeado maxistrado do Tribunal Supremo e desde 1822 ata 1823, Ministro de Graza e Xusticia. O fin do Trienio liberal supuxo o seu exilio en Portugal, Inglaterra e Francia, xunto ao seu irmán, Ramón María de Calatrava. Coa morte de Fernando VII e a chegada da Rexencia de María Cristina regresa a España e tras o Motín de la Granja de San Ildefonso é nomeado Presidente do Consello de Ministros, en substitución de Francisco Javier de Istúriz encargando a carteira de Facenda a Mendizábal para que completara a reforma da facenda pública. En 1837 cesa como Presidente en beneficio de Eusebio Bardají Azara.  
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao partido liberal.
PRODUCCION LITERARIA.-

José Canalejas Méndez

marzo 14, 2010 en 1:49 pm | Publicado en 2ª trimestre, Fichas graficas de personaxes históricos | Deja un comentario

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.- José Canalejas Méndez

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA 

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un avogado e político rexeneracionista e liberal progresista español.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Ferrol, A Coruña, o 31 de xullo de 1854 e faleceu en Madrid o 12 de novembro de 1912.
ORIXE FAMILIAR.- Era fillo do enxeñeiro dos ferrocarris José Canalejas e Casas con María del Amparo Méndez Romero.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Cursou o bacharelato en Madrid no Instituto de San Isidro e obtuvo as licenciaturas de Dereito en 1871 e de Filosofía en 1872 na Universida Central de Madrid e o grao de doctor en ambas facultades. En 1873 era auxiliar de cátedra, pero fracasou en dúas oposicións a cátedra, polo que abandoou a enseñanza.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Cando se produxo a Restauración borbónica abandoou as ideas republocanas para incorporarse ao Partido Liberal de Sagasta, dirixido á sazón por Cristino Martos e co que participou nas eleccións de 1881 sendo elixido deputado por Soria.Durante a Rexencia, sempre en gobernos presididos por Sagasta, foi ministro de Fomento e ministro de Graza e Xustixa entre no 1888 e no 1890, ministro de Facenda entre finais de 1894 e princupios de 1895 e, ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas en 1902, departamento desde o que impulsaría a creación do Instituto del Traballo. Posteriormente, durante o reinado de Alfonso XIII volvería a ocupar estes últimos cargos.

Aos 43 anos, e despois de ser ministro, loitou, coma un soldado máis, preocupado pola situación na Cuba e acadou a Cruz do Mérito Militar con distintivo vermello. Unha vez terminada e perdida a guerra, en 1902 fundou o seu propio partido, o Liberal-Demócrata, destacándose como cabeza dunha corrente esquerdista que defendía ideas democráticas e de separación da Igrexa e o Estado.

Tras unificar transitoriamente as diversas correntes que pugnaban no interior do liberalismo, foi Presidente do Consello de Ministros entre 1910 e 1912, periodo no que habería de presidir ata tres gobernos desde os que impulsou un programa de reformas: aboliu a Contribución de Consumos, estableceu o servizo militar obligatorio e limitou a instalación de órdes relixiosas (Ley del candado).

Foi asasinado o 12 de novembro de 1912 polo anarquista Manuel Pardiñas Serrano.

IDEOLOXÍA.- Era simpatizante do Partido Demócrata Progresista e de ideas republicanas, pensamento que abandoou para incorporarse ao Partido Liberal de Sagasta. En 1902 fundou o seu propio partido, o Liberal-Demócrata.
PRODUCCION LITERARIA.-

Antonio Cánovas del Castillo

marzo 14, 2010 en 1:47 pm | Publicado en 2ª trimestre, Fichas graficas de personaxes históricos | Deja un comentario

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS

 NOME DO ACTOR.- Antonio Cánovas del Castillo

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político e historiador español. Presidente do Consello de Ministros de España durante a maior parte do último cuarto do s. XIX.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Málaga o 8 de febreiro de 1828 e faleceu en Mondragón (Guipúscoa) o 8 de agosto de 1897.
ORIXE FAMILIAR.- Foi fillo de Antonio Cánovas García, maestro nado en Orihuela, Alicante, e de Juana del Castillo y Estébanez, filla de Juan José del Castillo, e prima irmá de Serafín Estébanez Calderón, o escritor.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Compaxinou os estudos coa súa afición poa historia.
CURRICULUM PROFESIONAL.- En 1854 iniciaba a sñua carreira política e uníase a Leopoldo O’Donnell, artífice da revolución do 54 proclamada co «Manifiesto de Manzanares», escrito polo propio Cánovas. Membro da Unión Liberal, foi elixido Deputado por Málaga para as Constituíentes e, á caída de O’Donnell, Gobernador Civil de Cádiz. Foi ministro de Gobernación en 1864 e de Ultramar en 1865 durante o reinado de Isabel II antes de proclamarse a Primera República.Trala Revolución de 1868 e fin da monarquía borbónica encárgase de preparar a volta do que sería Alfonso XII fillo de Isabel II. En 1874 tras o pronunciamento en Sagunto do xeneral Martínez Campos e a proclamación de Alfonso XII como rey, encárgase de idear o sistema da Restauración, sendo o redactor do manifiesto de Sandhurst, en 1874. Propón un sistema bipartidista onde os fraudes electorais periódicos, apoiados non caciquismo facían posible a alternancia no poder, como medio de disipar tensións. Así accedeu sete veces ao cargo de Presidente del Consello de Ministros de España con Alfonso XII.
IDEOLOXÍA.- Era o máximo dirixente do Partido Conservador.
PRODUCCION LITERARIA.-

  • La campana de Huesca 
  • Historia de la decadencia de España desde Felipe III hasta Carlos II
  • Bosquejo histórico de la Casa de Austria en España
  • Discurso sobre la nación 
  • Estudios del reinado de Felipe IV
  • Criterio histórico con que las distintas personas que en el descubrimiento de América intervinieron han sido después juzgadas 
  • Historia General de España
  • Discursos parlamentarios /

Francisco Cea Bermúdez

marzo 14, 2010 en 1:44 pm | Publicado en 2ª trimestre, Fichas graficas de personaxes históricos | Deja un comentario

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS

 NOME DO ACTOR.- Francisco Cea Bermúdez

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político e diplomático español, conde de Colombi.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Málaga o 28 de octubro de 1779 e faleceu en París o 6 de xullo de 1850.
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.-
CURRICULUM PROFESIONAL.- En 1810 foi enviado polas Cortes de Cádiz como diplomático á Rusia e negociou o tratado de Amistad, Alianza e Cooperación, polo cal o zar Alejandro I, novamente en guerra con Napoleón, establecía unha alianza con España e recoñecía la Constitución de Cádiz. Tivo tamén unha destacada actuación na incorporación de España á Santa Alianza (1816). Embaixador en Constantinopla durante eo Trienio Constitucional (1820-1823) e en Londres, en 1824 sustituiu ao conde de Ofalia como Secretario de Estado.Tralos sucesos de La Granja de 1832, foi chamado por María Cristina para que formase goberno e neutralizara aos sectores absolutistas, colaborando co moribundo Fernando VII na súa pugna co infante Don Carlos. Foi nomeado novamente Secretario de Estado en 1832, e promulgou a Pragmática Sanción que abolía a Ley Sálica e abría o camiño ao trono a súa filla, a futura Isabel II.

Iniciada a Primeira Guerra Carlista, as ofertas de Cea non lograron atraer aos liberais. Finalmente, estos, na súa versión máis moderada, lograron algúns apoios e Cea foi substituido polo liberal moderado Francisco Martínez de la Rosa.

Publicou o Manifesto do 4 de outubro de 1833, que fixo suscribir á Rexente, en que mostraba a súa intención de manter a política anterior, á vez distanciada de carlistas y liberais, e en emprender reformas administrativas, dando entrada no goberno a personalidades como Javier de Burgos e Zarco del Valle.

Emigrou á Francia, desde onde foi un dos valedores de María Cristina durante a rexencia de Espartero (1840-1843). Figurou de novo no goberno no chamado «ministerio relámpago» do conde de Clonard.

IDEOLOXÍA.- Pertencía ao partido Liberal Moderado.
PRODUCCION LITERARIA.-

Figueiroa Álvaro (Conde de Ramones)

marzo 14, 2010 en 1:41 pm | Publicado en 2ª trimestre, Fichas graficas de personaxes históricos | Deja un comentario

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS

 NOME DO ACTOR.- Figueiroa Álvaro

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Conde de Romanones, foi un político español. Foi 17 veces ministro e 3 veces presidente do goberno con Alfonso XIII.
COORDENADAS VITAIS.- Nado en Madrid o 9 de agosto de 1863 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1950.
ORIXE FAMILIAR.- Segundo Fillo de Ignacio de Figueroa y Mendieta e de Ana de Torres y Romo, marqueses de Villamejor, naceu en Madrid no medio dunha nobre e rica familia con raíces e importantes posesións en Guadalajara e negocios mas minas de La Unión (Murcia).
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Licenciouse en Dereito en 1884 na Universidade Central de Madrid (1884) e trasladouse para doutorarse á Universidade de Boloña en Italia coa idea de especializarse en dereito político.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Comezou a súa andaina política nas primeiras Cortes da Rexencia de María Cristina. Dende 1888 a 1936 manteríase como depututado. Foi elixido concelleiro do Concello de Madrid en 1890 e en 1894 alcalde da cidade.Foi ministro de Instrución Pública e Belas Artes con Sagasta (1901-1902). No mandato liberal de 1905 a 1906 formou parte do goberno de Montero Ríos desempeñando a carteira de Fomento e logo do Consello de Ministros de XXX que lle adxudicou o de Graza e Xustiza. 

Apoiou a ascensión de José Canalejas á xefatura do Partido Liberal, e como recompensa foi nomeado Ministro de Instrución Pública (1909) e, máis tarde, en 1912, promovido á presidencia del Congreso. Asasinado Canalejas convértese en xefe dunha das principais faccións do Partido Liberal. Senador por Guadalaxara e ministro de Graza e Xustiza (1922-1923) no goberno de García Prieto, pasou a ocupar a presidencia do Senado en 1923, cargo que ocupaba no golpe de Estado de 1923.

Formado o goberno de Juan Bautista Aznar-Cabañas ocupou a carteira de Estado pero as eleccións de 1931 deixaron á vista a inviabilidade política da opción monárquica.

O conde de Romanones é o prototipo do “político de palacio” da Restauración, titular e defensor de poderosos intereses económicos e posibilista e realista sen demasiados escrúpulos nas súas manobras políticas. Servíndose da súa gran fortuna, das súas influencias persoais e apoiándose no trato íntimo co rei e a familia real, o seu cacicato estendeuse ininterrompidamente dende 1888 a 1936 na provincia de Guadalaxara.

IDEOLOXÍA.- Pertencía ó Partido Liberal fundado por Sagasta.
PRODUCCION LITERARIA.-Escribiu as súas memorias durante a República. Outras obras son:

  • Las Responsabilidades políticas del Antiguo Régimen
  • Breviario de Política Experimental
  • Biología de los Partidos Políticos
  • El régimen parlamentario y los gobiernos de gabinete
  • Observaciones y Recuerdos (1912-1921)
  • Notas de mi vida (1929-1947)
  • Los cuatro presidentes de la I República

Ademais de varias biografías, entre elas a de Espartero, a de Amadeo de Savoia e a de María Cristina de Habsburgo-Lorena.

Baldomero Fernández Espartero

marzo 14, 2010 en 1:39 pm | Publicado en 2ª trimestre, Fichas graficas de personaxes históricos | Deja un comentario

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS

 NOME DO ACTOR.- Baldomero Fernández Espartero

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Conde de Luchana, Duque de la Victoria, Duque de Morella, Vizconde de Bandras e Príncipe de Bergara foi un militar e político español.
COORDENADAS VITAIS.- Nado en Cidade Real o 27 de febreiro de 1793 e finado en Logroño o 8 de xaneiro de 1879.
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Seu pai levarao por unha formación cun destino eclesiástico , pero a Guerra da Independencia arrastrouno dende moi pequeno á batalla.
CURRICULUM PROFESIONAL.-  Convatiente en tres dos catro conflitos máis importantes da España do sécul XIX, foi soldado na guerra contra a invasión do francés, oficial durante a guerra colonial en Perú e Xeneral en Xefe na Guerra Civil. Viviu en Cádiz o nacemento do liberalismo español, camiño que non deixaría endexamáis. Home extremadamente duro no trato, valoraba a lealdade dos seus compañeiros de armas, tanto como a eficacia. Combatiu en primeira liña, foi ferido en oito ocasións e o seu caracter altivo e esixente levouno a cometer excesos, en ocasións moi sangrentos, na disciplina militar. Convencido de que o seu destino era gobernar aos españois, foi por dúas veces Presidente do Consello de Ministros e chegou a Xefatura do Estado como rexente durante a Minoría de Idade da Raíña Isabel II. Foi o único militar español con tratamento de Alteza Real e, a pesares de todas as súas contradicións, soupo pasar desapercibido os últimos 28 anos. Rexeitou a Coroa de España e foi tratado como unha lenda dende moi novo.
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Progresista.
PRODUCCION LITERARIA.-
« Página anteriorPágina siguiente »

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.
Entries y comentarios feeds.