EUROPA NA 2ª METADE DO XIX: O IMPERIALISMO

junio 12, 2010 en 4:27 pm | Publicado en 3ª trimestre, tests con resumenes | Deja un comentario

1.- O colonialismo moderno dos ss.XVI-XVIII tiña unha vocación mercantilista, dirixida á procura de productos tropicais (alimentación e textil) e de metais preciosos, como manifestacións dunhas sociedades cada vez máis desenvolvidas e abertas. O término metrópole, sinónimo de centro de poder, reflicte relacións respecto das colonias: 1) de xerarquía e asimétricas; 2) de afinidade cultural; 3) de proximidade xeográfica.

2.- A finais do s. XIX os países industrializados lanzáronse a unha expansión económica, que se concretou nunha expansión territorial, que deu lugar a unha auténtica carreira colonial. Este imperialismo foi resultado, a parte dos económicos, dunha conxugación de factores: 1) políticos e técnicos; 2) políticos e ideológicos; 3) todas e simultáneamente.

3.- En efecto, o colonialismo contemporáneo, independentemente da súa continuidade co imperialismo mercantilista, ven determinado pola conxunción de factores económicos (programas de inversión en infraestructuras e de exportación dos excedentes de capital) e de factores políticos como: 1) políticas comerciais de ampliación dos mercados protexidos; 2) políticas de prestixio propios dunha potencia; 3) as dúas son válidas.

4.- Nas motivacións imperialistas tamén xogaron o seu papel os factores demográficos, máis ou menos vinculados ás inestabilidades politico-sociais internas dos países europeos. Isto explica a temprana conquista francesa de Alxeria: 1) a finais do s.XVIII; 2) no 1º tercio do s.XIX; 3) no 2º tercio do mesmo século XIX.

5.- A teoría seudocientífica da época reforzou a percepción de que os europeos eran non só materialmente superiores. Estas opinións conduciron a división da humanidade en razas atrasadas e desenvolvidas; é dicir, a xustificar ao imperialismo en motivacións: 1) de autosuperación das limitacións individuais; 2) da validez universal da civilización occidental; 3) as dous non son contradictorias.

6.- A finais do s.XIX a idea común dos dirixentes políticos europeos de que o status de potencia estaba condicionada pola extensión do seu imperio viña asociada a crenza: 1) nunha predestinación dos brancos como raza superior (racismo); 2) nunha misión histórica civilizadora (eurocentrismo); 3) as dous son válidas.

7.- Nas colonias buscábanse materias primas para a industria, alimentos para a crecente poboación europea e novos mercados para os productos excedentes das metrópolis ou para exportar capitais na procura de altos beneficios que financiarán: 1) as infraestructuras; 2) as actividades da poboación nativa; 3) ao propio exército colonial.

8.- Na expansión colonialista europea o protagonismo dos actores metropolitanos quedou en moitos casos delegado en actores periféricos, que pola súa actuación in situ amosaron unha agresiva especulación imperialista. Un exemplo representativo é o da British South África de Cecil Rhodes quen estableceu as fronteiras de: 1) Zambia e Zimbabue; 2) Rhodesia do norte e do sur; 3) as dous son válidas.

9.- A parte das grandes sociedades de comercio colonial, os imperios servíronse dos seus oficiais colonialistas, conquistadores e governadores (C.Rhodes, governador de O Cabo) e éstes dos propios indíxenas como tropas auxiliares e dos caciques locais como eficaces colaboradores administrativos. O exemplo proposto polo Manual: 1) Stanley en nome da AIA; 2) Livingstone e o Comité da África francesa; 3) Sherpa Pinto e o Mapa Cor de Rosa.

10.- Empresarios, administradores e enxeñeiros europeos trasladáronse a tódolos recunchos del planeta formando unha minoría dominadora que utilizaron ás elites locais como colaboradores, previa adopción da educación occidental. Co tempo, asimilando as ideas da política europea reclamaron: 1) a súa participación política na metrópole; 2) a independencia política das colonias; 3) a igualdade xurídico-política universal.

11.- O dominio económico asegurábase mediante o control político. Algunhas áreas convertéronse en colonias, territorios gobernados directamente por funcionarios e soldados metropolitanos; outros eran protectorados nos que se mantiña un goberno local manexado pola potencia imperialista. Noutros casos, as potencias repartíronse territorios que teóricamente seguían independentes, dos que arrancaban privilegios comerciais e impoñían a extraterritorialidade xurídica. Segundo o Manual de texto, son as denominadas: 1) esferas de influencia; 2) áreas de influencia; 3) ámbitos de influencia.

12.- Entre as potencias europeas a principios do s.XX, a máis poderosa era o Imperio británico. A súa mariña, a maior do mundo, controlaba os mares e Londres era o primeiro centro financieiro e comercial. Entre as numerosas colonias, algunhas poboadas por inmigrantes europeos autogobernábanse baixo a tutela diplomática e de seguridade da Gran Bretaña: Son: 1) os enclaves; 2) os dominios; 3) os fideicomisos.

13.- Como a expansión cara o W. quedara interrompida pola independencia do continente americano o imperialismo europeo representado fundamentalmente por Inglaterra e Francia centrouse en África onde estableceron dous liñas de colonización moi definidas: 1) de A a B e de C a D; 2) de Exipto a O Cabo e de Senegal a Somalia; 3) de Súez a O Cabo e de Arxel a Dakar.

14.- A ampliación, con Bélxica, Alemaña e Italia, do número de actores imperialistas en África plantexa as primeiras tensións diplomáticas entre as potencias europeas, resoltas coa convocatoria:1) do Congreso de Berlín (1878); 2) da Conferencia de Berlín (1884-85); 3) dos Tratados de Versalles (1870 e 1919).

15.- En efecto, para evitar conflictos entre as potencias celebrouse en 1885 a Conferencia de Berlín no que se pactaron as regras do xogo. Entre éstas: 1) preferencia para a ocupación do interior pola potencia que dominara a liña de litoral; 2) dominación do territorio real e non teórica, é decir, con administradores e soldados sobre o terreo; 3) as dous son válidas se se comunican os avances ao resto das potencias.

16.- En quince anos trala Conferencia de Berlín, África consumou a súa parcelación. Mentras Gran Bretaña uni-lo sur e o norte do continente (O Cabo-O Cairo), outras potencias intentaron crear cintos de leste a oeste que unisen as súas colonias da costa atlántica e índica. Referímonos a: 1) Francia e Portugal; 2) Alemaña e España; 3) Bélxica e Italia.

17.- O poder colonial de Gran Bretaña manifestouse con toda a representatividade política do evento coa Coroación en 1876 da raiña Victoria como Emperatriz da India. O marco cronolóxico deste deste fenómeno histórico do imperialismo o sitúa o Manual entre:1) 1875 e 1895; 2 )1850-1914; 3) 1873 e 1898.

18.- A apertura da Canle de Súez (Lessepps, 1869), ao acelerar a expansión colonialista cara ó continente asiático, convertirá ao mercado chinés nun novo escenario da competencia colonial e paralelo ao fenómeno migratorio trasatlántico que reforza por 1ª vez na Historia a idea de globalización respecto :1) dun mercado único mundial; 2) dun pensamento único; 3) duns dereitos humanos.

19.- O imperialismo, incluso nas súas manifestacións menos violentas como a penetración comercial, desencadeou como non podía ser doutro xeito as resistencias dos pobos sometidos. Máis que de conciencia nacional habería que falar de afirmación das propias idiosincrasias. Un exemplo paradigmático o foron: 1) as guerras do opio e dos boxers; 2) o Gran Motín Cipaio e o Madhismo; 3) as dous son correctas.

20.- Á larga, as resistencias iniciais dos pobos sometidos evolucionarán en esforzos de modernización das súas estructuras políticas e económicas nun sentido occidental como medio de zafarse da propia prepotencia europea. O caso da revolución xaponesa Meiji é prototípico. Con menos éxito tamén foi a opción de:1) Marrocos; 2) Etiopía; 3) Turkía.

21.- O proceso de dominación do mundo á custa dos intereses dos pobos colonizados estivo permanentemente acompañada de tensións e de estratexias de riscos calculados entre as potencias imperialistas, tanto máis graves canto os territorios susceptibles de colonialismo se ían reducindo. Un exemplo, foi a crise de Fashoda entre:1) Francia e Alemaña; 2) Francia e Inglaterra; 3) Inglaterra e Alemaña.

22.- Fronte ós programas imperialistas de Francia e Inglaterra que buscaban a continuidade territorial das súas posesións coloniais, Alemaña, que chegara tarde ós repartos do continente africano, só puido aspirar a ocupar valeiros. As máis importantes colonias alemanas foron: 1) Camerún e Tanganika (actual Tanzania); 2) Togo e Madagascar; 3) Namibia e Liberia.

23.- O imperio colonial portugués estivo sempre ameazado polas pretensións inglesas e alemanas. O “mapa cor rosa” de Sherpa Pinto tampouco chegou a ser unha realidade, sen embargo e malia a percepción popular portuguesa, o imperio luso conservaría: 1) Guinea-Bissau e as Illas de Cabo Verde; 2) Angola e Mozambique; 3) as dous son correctas.

24.- A mediados do s.XIX España iniciou unha política de expansión por razóns de prestixio animada por Francia. Sen estratexias definidas poden cualificarse de simples aventuras. Os destiños destas iniciativas imperialistas foron: 1) México e Illas do Pacífico; 2) Marrocos e Cochinchina; 3) Marrocos e Guinea.

25.- A intervención española sen aparentes motivacións económicas no Sultanato de Marrocos, culminou na Batalla de Tetuán (1860), moi custosa en perdas humanas e moi limitada en beneficios territoriais. Aparte da cidade de Tetuán, significou a incorporación de: 1) Sahara; 2) Ifni; 3) Larache.

26.- A febre colonial europea contaxiouse a España na primeira década do s.XX. Ós intereses estratéxicos polo control do Estreito de Xibraltar, engadíronse ós económicos (explotacións mineiras). Dacordo con Francia a zona que correspondeu ós españois era unha rexión montañosa e descoñecida: 1) O Rif; 2) Ketama; 3) As Kábilas.

27.- A consolidación do Protectorado español en Marrocos, creado en 1912, non foi nada fácil. As resistencias lideradas por Abd.el-Krim culminaron na derrota de Annual (1921). Houbo que esperar para “pacificar” o territorio: 1) á conquista de Tánxer; 2) ó Desembarco de Alhucemas; 3) á caída da Dictadura de Primo de Rivera.

28.- Malia a presencia española na illa de Fernando Póo dende o s.XVIII, ésta non tivo repercusión no continente ata principios do s.XX (enclave de Guinea Ecuatorial –Río Muni, 1904). A ocupación tivo lugar: 1) por compra ós xefes locais; 2) por expedición militar con aliados; 3) por cesión internacional.

Anuncios

ESPAÑA NAS PRIMEIRAS DÉCADAS DO S. XX

junio 12, 2010 en 4:25 pm | Publicado en 3ª trimestre, tests con resumenes | Deja un comentario

O REINADO DE ALFONSO XIII

As dificultades do reinado

1.- Historiográficamente e tamén polos actores históricos dous décadas máis tarde, as dificultades do reinado de Alfonso XIII sitúanse no inicio do s.XX, tralo desastre do 98 (perda das colonias) e o esgotamento do sistema da Restauración, que identificamos: 1) coa dinastía francesa dos Borbóns; 2) coa Constitución de 1876; 3) as dous son correctas.

2.- A perda das últimas colonias do imperio español provocou a crise do nacionalismo centralista do Estado e como consecuencia a emerxencia dos nacionalismos periféricos. Fronte aos nacionalismos vasco e galego, menos desenvolvimos, salienta o nacionalismo catalán, que obtivo como froito das súas presións ao goberno en 1913 a: 1) mancomunidade; 2) autonomía; 3) soberanía.

3.- Outro dos grandes problemas que tiveron que afrontar os gobernos da Restauración durante o reinado de Alfonso XIII foi a guerra de Marrocos. A influencia sobre a rexión foi unha proposta francesa aceptada pola Monarquía española en 1906 na Conferencia de: 1) Alxeria; 2) Algeciras; 3) Marsella.

O fracaso dos partidos institucionais.

4.- O maior problema da Restauración derivaba dun bipartidismo (partido conservador e partido liberal) incapaz de dar resposta aos problemas sociais, por canto as súas diferencias non cuestionaban a estructura social burguesa. A comezos do s.XX existía a convicción da necesidade de cambios e a palabra clave era: 1) rexeneración; 2) reforma; 3) revolución.

Un rexeneracionismo moderado e insuficiente.

5.- A versión rexeneracionista de Antonio Maura (1907-09), se concretou nunha lei electoral contra o caciquismo e na creación de organismos para o desenvolvemento e a modernización económica, que foron publicitadas como unha: 1) “revolución desde arriba”; 2) “revolución desde abaixo”; 3) “reforma desde a base”.

6.- O embarque de tropas a Marrocos movilizou as organizacións obreiras e desendecanou unha violenta represión (Semana Tráxica, 1909) que forzaría a dimisión do goberno conservador de Maura. Tampouco lograría reduci-las tensións o posterior goberno liberal de: 1) Canalejas; 2) Dato; 3) Romanones.

A crise do sistema.

7.- Aínda que España permaneceu neutral durante a I Guerra Mundial as tensións medraron (cfr., folga xeral de 1917) co aumento dos prezos, coas reinvindicacións catalanistas e das xuntas militares. A crise do sistema da Restauración conduciu inevitablemente á Dictadura: 1) tralo revés militar en Marrocos; 2) trala derrota de Annual; 3) as dous son correctas.

A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA.

O cirurxián de ferro.

8.- Un estado de opinión favorable á orde e á seguridade levou a Miguel Primo de Rivera a suspender a Constitución de 1876 e a asumir o papel de cirurxián de ferro en expresión do rexeneracionista Joaquín Costa. Alfonso XIII aceptou o golpe de Estado ao mandarlle formar goberno. Era o ano: 1) 1921; 2) 1923; 3) 1925.

A paréntese constitucional.

9.- O primeiro goberno de Primo de Rivera,l só de militares, o chamado Directorio Militar, afrontou a cuestión de orde pública (represión do anarquismo) e a guerra de Marrocos á que puso fin: 1) co Desembarco de Alhucemas, 1925; 2) coa toma de Xauén; 3) co apoio da flota inglesa.

10.- O apoio popular contrastou co rexeitamento dos intelectuais (Unamuno e Ortega y Gasset). Para acabar coas críticas formou un goberno con civís, o Directorio Civil. O reforzamento do réxime a través da Unión Patriótica foi incapaz de contrarrestar unha progresiva oposición: 1) dos nacionalistas; 2) dos partidos obreiros; 3) do propio Exército.

O final da Ditadura.

11.- Trala dimisión (xaneiro de 1930) del Dictador. Alfonso XIII encargou ao Xeneral Berenguer a volta á normalidade constitucional (“dictabranda”); mais a monarquía desprestixiada amosarase inviable e perderá o 12 de abril de 1931: 1) unhas eleccións municipais; 2) unhas elección legislativas; 3) un referendun pola forma de Estado.

A SEGUNDA REPÚBLICA

Unha auténtica ruptura.

12.- O 14 de abril de 1931 Alfonso XIII abandonou España e pacífica e esperanzadamente proclamouse a República. España adquirirá características propias da modernidade: sufraxio feminino, separación Igrexa-Estado y partidos de masas. Os cambios producíanse nunha sociedade: 1) maioritariamente rural; 2) moi contrastada nos grupos sociais; 3) as dous son correctas.

As primeiras medidas do Goberno provisional.

13.- Un goberno provisional moi heteroxéneo no que estaban representados republicanos como Alcalá-Zamora, Lerroux e Azaña e socialistas como Largo Caballero e Indalecio Prieto, tivo que afrontar “o problema catalán” (proclamación de independencia pola ERC de Maciá) aprazado á concesión no marco da Constitución da: 1) mancomunidade; 2) autonomía; 3) soberanía.

14.- As accións violentas contra a Igrexa provocaron desconfianza nas autoridades por parte dos católicos moderados. Entre as medidas do Goberno Provisional, xunto a convocatoria das Cortes constituíntes (xuño) están: 1) a reforma do Exército; 2) decretos laborais e a creación de escolas contra o analfabetismo; 3) todas.

A organización da República

15.- As elección de xuño deron maioría aos socialistas e aos republicáns de ezquerda manténdose o mesmo Goberno provisional. A Constitución foi aprobada en decembro de 1931. España era definida como unha: 1) República democrática de traballadores de todas as clases; 2) República Socialista; 3) República Popular.

16.- Algúns artigos da Constitución eran unha declaración de principios para futuras reformas (dereito de propiedade privada limitado aos intereses do Estado ou o que recoñecía a necesidade dunha reforma agraria). Polo que se refire ás reducidas competencias do Presidente da República, controladas polas Cortes, estaba a: 1) Xefatura dos Exércitos; 2) designación do Xefe de Goberno; 3) formación do Goberno.

AS ETAPAS POLÍTICAS DA REPÚBLICA.

As reformas da esquerda (1931-33)

17.- Aprobada a Constitución, as Cortes elixiron a Alcalá Zamora como Presidente da República e a Manuel Azaña como Xefe de Goberno. A reforma do Estado centralista prevía a posibilidade de aprobar estatutos de Autonomía. O de Cataluña aprobouse en septembro de: 1) 1932; 2) 1936; 3) 1938.

18.- Mentras a reforma do Exército pretendía un corpo eficaz e moderno e reduci-lo seu tamaño (paso á reserva, peche da Academia militar, supresión de ascensos por méritos de guerra, etc.), a reforma agraria pretendía, sen chegar a consegui-lo, terminar co atraso da agricultura, aumenta-la extensión de terras cultivadas e a producción. A axencia responsable de leva-la adiante era: 1) o IRA; 2) o IRYDA; 3) o INC.

19.- A política relixiosa pretendía recorta-la influencia da Igrexa católica na sociedade a través dunha lexislación laicista segundo o modelo da República francesa, que tivo como leis máis relevantes: 1) a disolución da Compañía de Xesús; 2) a Lei de Congregacións Relixiosas prohibindo ás ordes relixiosas exerce-lo ensino; 3) as dous son correctas.

As manifestacións de descontento.

20.- As reformas non resolveron os problemas e a decepción pola reforma agraria provocou revolucións libertarias cruelmente reprimidas (cfr., xaneiro 1933, Casas Viejas en Cádiz). Tampouco prosperou o golpe de Estado do xeneral Sanjurjo en 1932; mais, se a ezquerda se desgastaba a dereita se organizaba na: 1) CEDA; 2) CECA; 3) FDAE.

O Bienio Conservador (1933-35).

21.- Trala dimisión de Azaña, as eleccións de novembro de 1933 deron a victoria á dereita de Gil Robles e ao partido Radical. O Goberno Lerroux, limitouse a frear as actuacións do bienio anterior e as posturas políticas radicalizáronse. Xa en outubro de 1933 José Antonio fundara: 1) Falanxe Española; 2) Xuntas de Defensa Hispánica; 3) Xuntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista.

22.- A tensión culminou na Revolución de 1934 (pola concesión de ministerios para a CEDA). UXT convocou unha folga xeral e Companys, proclamou a independencia de Cataluña. A iniciativa de Companys foi sufocada fácilmente, mais o control obreiro de Asturias precisou a mobilización: 1) dos corpos policiais autonómicos 2) do Exército de Terra; 3) do Exército de Marrocos.

Cara á guerra.

23.- Alcalá Zamora ante o desacordo Goberno e Cortes convocou novas eleccións que en febreiro de 1936 gañaron as ezquerdas da Fronte Popular. O novo Goberno retomou as reformas confiando na maioría das Cortes. Mentras a violencia entre os extremismos era cada vez mayor, parte do Exército preparaba un golpe de Estado baixo a dirección de: 1) Sanjurjo; 2) Mola ; ) 3) Franco

A GUERRA CIVIL

Un pronunciamento fracasado.

24.- Mentras oficiais do Exército consideraban, ante a desorde, necesario asumir o poder, Azaña, novo Presidente da República (abril 1936), afastaba de Madrid aos sospeitosos de conspiraren (Goded, Mola, Franco). Sen embargo, o día 17 de xullo sublevouse o Exército de Marrocos e o 18 no resto da península. Fracasaron en Madrid e Barcelona pola: 1) entrega de armas do Goberno ás organizacións obreiras; 2) resistencia anarco-sindicalista; 3) as dous, respectivamente.

Os recursos dos dous bandos.

25.- O bando republicano tivo que superar unha crise de goberno (Giral por Casares Quiroga); non obstante, controlaban as cidades e as industrias e contaban cos apoios de Francia, Inglaterra, de México e da URSS. O bando nacional coa parte do Exército mellor preparada, dominaba cuncas mineiras e cerealistas e contou co apoio de: 1) Italia; 2) Alemaña; 3) as dous máis Portugal.

26.- Dende o inicio da G.C. unha parte da nación apoiou aos sublevados. En outubro de 1936, Franco foi proclamado: 1) Xeneralísimo 2) Xeneralísimo e Xefe do Estado; 3) Xeneralísimo e Xefe de Estado como Caudillo de España.

O desenvolvemento da guerra.

27.- O alzamento triunfou rápidamente en Navarra, Canarias e Marroco0

s, desde onde se transportaron tropas a Andalucía. Nunha 1ª fase da contenda (agosto do 36 a marzo do 37) o obxetivo dos sublevados era a capital e sé de Goberno. Fracasado o asalto de Madrid Franco tentou rodeala, mais os republicanos impedírono: 1) en Jarama e Guadalajara; 2) en Brunete e Belchite; 3) na batalla do Ebro.

28.- Nunha 2ª fase (marzo do 37 a xuño do 38) Franco decidiu acabar coa fronte norte (Asturias-País Vasco) que se afundiu en outubro de 1837. As batallas de distracción do Goberno republicano fracasaron. En abril de 1938 as tropas de Franco: 1) tomaron Castellón; 2) aillaron a Cataluña; 3) as dous son correctas.

29.- Na terceira fase (xullo do 38 a abril do 39) tivo lugar a decisiva batalla do Ebro que permiteu a Franco en febreiro de 1939 a ocupación sen resistencia de Cataluña e a finais de marzo a toma de: 1) Madrid; 2) Valencia; 3) Cartagena.

30.- O saldo da guerra alcanza ós 600.000 mortos e a emigración forzada doutras 300.000 persoas. Débese insistir en que a loita iniciada en xullo do 36 non foi só un enfrontamento militar. Na zona nacional fíxose unha represión sistemática de tódalas forzas opositoras. Na zona republicana a desintegración das institucións provocou actuacións ioncontroladas como: 1) as matanzas do cárcere Modelo e de Paracuellos; 2) a persecución física de todo relixioso; 3)as dous son correctas.

A segunda guerra mundial e a organización da paz

mayo 31, 2010 en 9:26 am | Publicado en 3ª trimestre, tests con resumenes | 1 comentario

1.- Unha das teses historiográficas sobre o fin da orde internacional xurdida da Iª GM e en consecuencia sobre as orixes da 2ª GM, responsabiliza ao expansionismo dos Estados totalitarios (III Reich). No que respecta a Europa, fálase dunha escalada das tensións motivada polo revisionismo do Tratado de Versalles (1919) que culminaría nos Acordos de Múnich das potencias europeas (1938), co resultado: 1) da anexión dos Sudetes; 2) da mutilación dun Estado democrático soberano como Checoslovaquia; 3) as dous son correctas.

2.- A ocupación de Checoslovaquia (antiguos territorios do Imperio Austro-húngaro) polo exército alemán ao ano seguinte do Ancluss (amexión de Austria) e as alianzas defensivas entre Francia e Polonia (outro Estado novo xurdido da Conferencia de París) e de Francia con Gran Bretaña, porán fin as estratexias diplomáticas destes últimos, supostamente inspiradas nun espíritu pacifista sen concurso da SdN, que pasan a Historia como políticas: 1) de apalancamento; 2) de apazugamento; 3) de pasteleo.

3.- Outra das viraxes diplomáticas que abriron o camiño cara a guerra foi o pacto xermano-soviético coñecido como o Protocolo secreto Ribbentrop-Molotov (1939) que cuestionaba o mapa politico xurdido da 1ª GM (cfr., discontinuidade territorial da antiga Prusia e o colchón sanitario fronte á Rusia soviética) con acordos sobre un reparto:1) de Polonia 2) dos países bálticos; 3) as dous son correctas.

4.- A invasión alemana de Polonia en septembro de 1939 foi o prólogo da 2ª GM. A fiabilidade internacional das potencias europeas occidentais, comprometidas polas súas recentes alianzas con Polonia, pesaron máis que o poder disuasorio do Pacto xermano-soviético. O casus belli nesta ocasión foi a reinvindicación territorial alemana :1) do corredor litoral de Danzig; 2) da rexión montañosa de Gdansk; 3) nengunha das dous é correcta.

5.- No desenvolvemento da guerra pódese distinguir unha fase inicial (1939-41) de dominio alemán que se identifica co “blitzkrieg” ou guerra relampo, táctica militar necesariamente selectiva, que sucesivamente padeceron, xunto ós países neutrais, Polonia e Francia. Precisamente a actitude militar pasiva de Francia e Inglaterra ata que lles tocou o turno é coñecida como:1) a cabalgata das walkirias; 2) a política do avestruz 3) a guerra tonta.

6.- Os éxitos bélicos de Alemaña (batalla de Dunkerque e ocupación de París, xuño de 1940) provocaron o aillamento de Gran Bretaña, a incorporación ao conflicto de Italia e a formación dun estado francés colaboracionista, coñecido como: 1) o Goberno Vichy; 2) a Francia de Pétain; 3) as dous son correctas.

7.- Derrotada Francia e frustrada a invasión do territorio británico (batalla aérea de Inglaterra), as iniciativas bélicas alemanas voltáronse de novo cara o leste (primeiro nos Balkáns e finalmente contra a URSS) e tamén extendéronse ó Norde de África. Entre as motivacións destas decisións militares están :1 ) o control da canle de Suez e a necesidade de materias primas; 2) compromisos adquiridos entre sí polas potencias do Eixo; 3) impresionar a Gran Bretaña e forzala ó armisticio.

8.- En decembro de 1941 un goberno xaponés crecentemente militarista que apostaba por un imperialismo excluínte no continente asiático (Declaración Amau, 1933) atacou por sorpresa a flota norteamericana en Perl Harbour (Hawai), conscente de que só os EEUU tiñan capacidade e vontade de impedilo (Cfr., Conferencia de Washington, 1921). Os planos militares xaponeses estiveron precedidos dunha alianza con Italia e Alemaña (1940) coñecida como:1) o Pacto de Aceiro ; 2) a Unión Patriótica; 3) o Triángulo Berlín-Roma-Tokio.

9.- As victorias aliadas en 1942 (O Alamein, Stalingrado) sinalan o devalo das potencias do Eixo, sen embargo, a contenda prolongaríase nunha guerra de desgaste que a prol do maior potencial demográfico e industrial só culminaría na primavera de 1945 coa caída de Berlín, tomada:1) polos occidentais; 2) polos soviéticos; 3) simultaneamente, por acordo previo.

10.- Tamén o ano de 1942 resultou decisivo para a guerra no Pacífico (victoria USA en Midway), na medida en que permitiu reconquistar os territorios ocupados polos xaponeses, sen embargo, a solución definitiva fíxose esperar polo endurecemento das resistencias unha vez alcanzado o territorio nipón. A petición da paz viu forzada polas explosións atómicas en Hiroshima e Nagasaki decididas polo Presidente norteamericano: 1) Roosevelt; 2) Truman; 3 )MacArthur.

11.- As consecuencias da guerra póñense de manifesto con reparar tanto na extensión do conflicto a tódolos continentes e no baldimento de recursos materiais e humanos (estes últimos calcúlanse en 60 millóns) como na súa crueldade (bombardeos indiscriminados, deportacións masivas e o xenocidio xudío). Na recuperación de Europa o protagonismo norteamericano púxose de manifesto a través: 1) da concesión de créditos ; 2 ) do chamado Plano Marshall; 3) as dous son correctas.

12.- Trala fin da guerra fíxose evidente o declive político, económico e moral de Europa non só a nivel mundial (procesos de descolonización), senón tamén no propio continente (formación do “telón de aceiro” ou repartición de Europa en áreas de influencia polas superpotencias USA e URSS). Aínda así, o mapa político europeo non experimentaría cambios tan radicais como na Conferencia de París. En 1945, a nova orde internacional foi deseñado nas Conferencias de: 1) Ialta e Postdam; 2) San Francisco e Terranova; 3) Londres e Moscova.

13.- Xa durante o transcurso da guerra viuse a necesidade de recuperar o espíritu da SdN. O proxecto culminaría coa redacción da Carta das Nacións Unidas en xuño de 1945 e entre os seus obxetivos merece salientar a paz e a seguridade internacional, o respecto dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais e a cooperación económica e social. Unha das razóns da súa maior eficacia respecto da SdN non é outra que contar:1) cunha forza militar de intermediación; 2) con soldados dos PPMM baixo bandeira da ONU; 3) as dous son correctas.

14.- Na estructura orgánica das UN, xunto ós órgaos de decisión e de debate (Secretario, Asemblea e Consello de Seguridade con sede en Nova YorK) e do Tribunal da Haia, existen unha serie de comisións, axencias e organismos especializados como:1) a Unesco e a Unicef; 2) a FAO e a OMS;3) as dous son correctas.

15.- Un dos primeiros problemas cos que tivo que enfrontarse a ONU foi a creación do Estado de Israel. No Plano de partición das UN (1947), xunto á delimitación das zonas xudea e árabe e á localización dos asentamentos duns e outros nos territorios alleos, recoñécese: 1) o principio de igualdade na extensión das zonas e no número dos asentamentos; 2) o principio de igualdade na continuidade territorial; 3) o estatuto de Xerusalen como cidade internacional.

16.- Ó remata-la 2ª GM só hai duas superpotencias (USA e URSS), que ademais o son a escala mundial. A súa influencia territorial é consecuencia da súa gran capacidade demográfica e industrial como sen dúbida tamén:1) do seu monopolio nuclear; 2) da súa complementariedade ideolóxica; 3) das súas historias nacionais paralelas.

17.- Os primeiros desacordos entre as superpotencias maniféstanse en 1947 (Alemaña, Grecia, e Turkía) e reflicten a contradicción de intereses entre potencias con cosmovisións políticas e económicas radicalmente dispares. O chamado bloque occidental identifícase con: 1) a Doutrina Truman e o Plano Marshall; 2) OTAN ou NATO; 3) as dous son correctas.

18.- O bloque comunista, nun exercicio de reacción simétrica ao bloque liberal capitalista, caracterízase institucionalmente pola creación da Kominform, do Comecon e do: 1) Exército bermello; 2) Pacto de Varsovia; 3) nengunha das dous é correcta.

19.- O Plano Marshall (1948-52), axuda económica americana para a reconstrucción postbélica de Europa, mais tamén cunha dimensión política (dete-la extensión do comunismo favorecida pola explosiva situación social derivada das penalidades da guerra) foi aceptado por 16 países que constituiron a OECE. Os principais beneficiarios foron en termos absolutos:1) Inglaterra e Francia; 2) Italia e Polonia; 3) os países do BENELUX.

20.- A Alemaña vencida dividiuse en 4 zonas de ocupación militar (soviética, francesa, británica e norteamericana). A capital Berlín ,que estaba na zona soviética dividiuse a súa vez en 4 sectores. O bloqueo de Berlín por parte da URSS respostaba ás diferencias dos aliados na interpretación dos acordos de Ialta respecto da futurible reunificación de Alemaña. A crise, sobre non lograr o abandono occidental da cidade de Berlín, rematou co nacemento de dous estados alemáns, a RFA e a : 1) República Socialista ; 2) República Democrática; 3) Republica soviética.

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.
Entries y comentarios feeds.