EUROPA NA 2ª METADE DO XIX: O IMPERIALISMO

marzo 8, 2010 en 11:45 am | Publicado en 2ª trimestre, tests con resumes | Deja un comentario

1.- O colonialismo moderno dos ss.XVI-XVIII tiña unha vocación mercantilista, dirixida á procura de productos tropicais (alimentación e textil) e de metais preciosos, como manifestacións dunhas sociedades cada vez máis desenvolvidas e abertas. O término metrópole, sinónimo de centro de poder, reflicte relacións respecto das colonias: 1) de xerarquía e asimétricas; 2) de afinidade cultural; 3) de proximidade xeográfica.

2.- A finais do s. XIX os países industrializados lanzáronse a unha expansión económica, que se concretou nunha expansión territorial, que deu lugar a unha auténtica carreira colonial. Este imperialismo foi resultado, a parte dos económicos, dunha conxugación de factores: 1) políticos e técnicos; 2) políticos e ideológicos; 3) todas e simultáneamente.

3.- En efecto, o colonialismo contemporáneo, independentemente da súa continuidade co imperialismo mercantilista, ven determinado pola conxunción de factores económicos (programas de inversión en infraestructuras e de exportación dos excedentes de capital) e de factores políticos como: 1) políticas comerciais de ampliación dos mercados protexidos; 2) políticas de prestixio propios dunha potencia; 3) as dúas son válidas.

4.- Nas motivacións imperialistas tamén xogaron o seu papel os factores demográficos, máis ou menos vinculados ás inestabilidades politico-sociais internas dos países europeos. Isto explica a temprana conquista francesa de Alxeria: 1) a finais do s.XVIII; 2) no 1º tercio do s.XIX; 3) no 2º tercio do mesmo século XIX.

5.- A teoría seudocientífica da época reforzou a percepción de que os europeos eran non só materialmente superiores. Estas opinións conduciron a división da humanidade en razas atrasadas e desenvolvidas; é dicir, a xustificar ao imperialismo en motivacións: 1) de autosuperación das limitacións individuais; 2) da validez universal da civilización occidental; 3) as dous non son contradictorias.

6.- A finais do s.XIX a idea común dos dirixentes políticos europeos de que o status de potencia estaba condicionada pola extensión do seu imperio viña asociada a crencia : 1) nunha predestinación dos brancos como raza superior (racismo); 2) nunha misión histórica civilizadora (eurocentrismo); 3) as dous son válidas.

7.- Nas colonias buscábanse materias primas para a industria, alimentos para a crecente poboación europea e novos mercados para os productos excedentes das metrópolis ou para exportar capitais na procura de altos beneficios que financiarán: 1) as infraestructuras; 2) as actividades da poboación nativa; 3) ao propio exército colonial.

8.- Na expansión colonialista europea o protagonismo dos actores metropolitanos quedou en moitos casos delegado en actores periféricos, que pola súa actuación in situ amosaron unha agresiva especulación imperialista. Un exemplo representativo é o da British South África de Cecil Rhodes quen estableceu as fronteiras de: 1) Zambia e Zimbabue; 2) Rhodesia do norte e do sur; 3) as dous son válidas.

9.- Aparte das grandes sociedades de comercio colonial, os imperios servíronse dos seus oficiais colonialistas, conquistadores e governadores (C.Rhodes, governador de O Cabo) e éstes dos propios indíxenas como tropas auxiliares e dos caciques locais como eficaces colaboradores administrativos. O exemplo proposto polo Manual: 1) Stanley en nome da AIA; 2) Livingstone e o Comité da África francesa; 3) Sherpa Pinto e o Mapa Cor de Rosa.

10.- Empresarios, administradores e enxeñeiros europeos trasladáronse a tódolos recunchos del planeta formando unha minoría dominadora que utilizaron ás elites locais como colaboradores, previa adopción da educación occidental. Co tempo, asimilando as ideas da política europea reclamaron: 1) a súa participación política na metrópole; 2) a independencia política das colonias; 3) a igualdade xurídico-política universal.

11.- O dominio económico asegurábase mediante o control político. Algunhas áreas convertéronse en colonias, territorios gobernados directamente por funcionarios e soldados metropolitanos; outros eran protectorados nos que se mantiña un goberno local manexado pola potencia imperialista. Noutros casos, as potencias repartíronse territorios que teóricamente seguían independentes, dos que arrancaban privilegios comerciais e impoñían a extraterritorialidade xurídica. Segundo o Manual de texto, son as denominadas: 1) esferas de influencia; 2) áreas de influencia; 3) ámbitos de influencia.

12.- Entre as potencias europeas a principios do s.XX, a máis poderosa era o Imperio británico. A súa mariña, a maior do mundo, controlaba os mares e Londres era o primeiro centro financieiro e comercial. Entre as numerosas colonias, algunhas poboadas por inmigrantes europeos autogobernábanse baixo a tutela diplomática e de seguridade da Gran Bretaña: Son: 1) os enclaves; 2) os dominios; 3) os fideicomisos.

13.- Como a expansión cara o W. quedara interrompida pola independencia do continente americano o imperialismo europeo representado fundamentalmente por Inglaterra e Francia centrouse en África onde estableceron dous liñas de colonización moi definidas: 1) de A a B e de C a D; 2) de Exipto a O Cabo e de Senegal a Somalia; 3) de Súez a O Cabo e de Arxel a Dakar.

14.- A ampliación, con Bélxica, Alemaña e Italia, do número de actores imperialistas en África plantexa as primeiras tensións diplomáticas entre as potencias europeas, resoltas coa convocatoria:1) do Congreso de Berlín (1878); 2) da Conferencia de Berlín (1884-85); 3) dos Tratados de Versalles (1870 e 1919).

15.- En efecto, para evitar conflictos entre as potencias celebrouse en 1885 a Conferencia de Berlín no que se pactaron as regras do xogo. Entre éstas: 1) preferencia para a ocupación do interior pola potencia que dominara a liña de litoral; 2) dominación do territorio real e non teórica, é decir, con administradores e soldados sobre o terreo; 3) as dous son válidas se se comunican os avances ao resto das potencias.

16.- En quince anos trala Conferencia de Berlín, África consumou a súa parcelación. Mentras Gran Bretaña uni-lo sur e o norte do continente (O Cabo- O Cairo), outras potencias intentaron crear cintos de leste a oeste que unisen as súas colonias da costa atlántica e índica. Referímonos a: 1) Francia e Portugal; 2) Alemaña e España; 3) Bélxica e Italia.

17.- O poder colonial de Gran Bretaña manifestouse con toda a representatividade política do evento coa coroación en 1876 da raiña Victoria como Emperatriz da India. O marco cronolóxico deste deste fenómeno histórico do imperialismo o sitúa o Manual entre:1) 1875 e 1895; 2 )1850-1914; 3) 1873 e 1898.

18.- A apertura da Canle de Súez (Lessepps, 1869), ao acelerar a expansión colonialista cara ó continente asiático, convertirá ao mercado chinés nun novo escenario da competencia colonial e paralelo ao fenómeno migratorio trasatlántico reforza por 1ª vez na Historia a idea de globalización respecto :1) dun mercado único mundial; 2) dun pensamento único; 3) duns dereitos humanos.

19.- O imperialismo, incluso nas súas manifestacións menos violentas como a penetración comercial, desencadeou como non podía ser doutro xeito as resistencias dos pobos sometidos. Máis que de conciencia nacional habería que falar de afirmación das propias idiosincrasias. Un exemplo paradigmático o foron: 1) as guerras do opio e dos boxers; 2) o Gran Motín Cipaio e o Madhismo; 2) as dous son correctas.

20.- Á larga, as resistencias iniciais dos pobos sometidos evolucionarán en esforzos de modernización das súas estructuras políticas e económicas nun sentido occidental como medio de zafarse da propia prepotencia europea. O caso da revolución xaponesa Meiji é prototípico. Con menos éxito tamén foi a opción de:1) Marrocos; 2) Etiopía; 3) Turkía.

21.- O proceso de dominación do mundo á custa dos intereses dos pobos colonizados estivo permanentemente acompañada de tensións e de estratexias de riscos calculados entre as potencias imperialistas, tanto máis graves canto os territorios susceptibles de colonialismo se ían reducindo. Un exemplo, foi a crise de Fashoda entre:1) Francia e Alemaña; 2)Francia e Inglaterra; 3) Inglaterra e Alemaña.

22.- Fronte ós programas imperialistas de Francia e Inglaterra que buscaban a continuidade territorial das súas posesións coloniais, Alemaña, que chegara tarde ós repartos do continente africano, só puido aspirar a ocupar valeiros. As máis importantes colonias alemanas foron: 1) Camerún e Tanganika; 2) Togo e Madagascar; 3) Namibia e Liberia.

23.- O imperio colonial portugués estivo sempre ameazado polas pretensións inglesas e alemanas. O “mapa cor rosa” de Sherpa Pinto tampouco chegou a ser unha realidade, sen embargo e malia a percepción popular portuguesa, o imperio luso conservaría: 1) Guinea-Bissau e as Illas de Cabo Verde; 2) Angola e Mozambique; 3) as dous son correctas.

24.- A mediados do s.XIX España iniciou unha política de expansión por razóns de prestixio animada por Francia. Sen estratexias definidas poden cualificarse de simples aventuras. Os destiños destas iniciativas imperialistas foron: 1) México e Illas do Pacífico; 2) Marrocos e Cochinchina; 3) Marrocos e Guinea.

25.- A intervención española sen aparentes motivacións económicas no Sultanato de Marrocos, culminou na Batalla de Tetuán (1860), moi custosa en perdas humanas e moi limitada en beneficios territoriais. Aparte da cidade de Tetuán, significou a incorporación de: 1) Sahara; 2) Ifni; 3) Larache.

26.- A febre colonial europea contaxiouse a España na primeira década do s.XX. Ós intereses estratéxicos polo control do Estreito de Xibraltar, engadíronse ós económicos (explotacións mineiras). Dacordo con Francia a zona que correspondeu ós españois era unha rexión montañosa e descoñecida: 1) O Rif; 2) Ketama; 3) As Kábilas.

27.- A consolidación do Protectorado español en Marrocos, creado en 1912, non foi nada fácil. As resistencias lideradas por Abd.el-Krim culminaron na derrota de Annual (1920). Houbo que esperar para “pacificar” o territorio: 1) á conquista de Tánxer; 2) ó Desembarco de Alhucemas; 3) á caída da Dictadura de Primo de Rivera.

28.- Malia a presencia española na illa de Fernando Póo dende o s.XVIII, ésta non tivo repercusión no continente ata principios do s.XX (enclave de Guinea Ecuatorial –Río Muni, 1904). A ocupación tivo lugar: 1) por compra ós xefes locais; 2) por expedición militar con aliados; 3) por cesión internacional.

Anuncios

*octavo test; REVOLUCIÓN INDUSTRIA Y CAPITALISMO

febrero 14, 2010 en 3:54 pm | Publicado en 2ª trimestre, tests con resumes | Deja un comentario

1.- As orixes da R.I. na Gran Bretaña de mediados do s.XVIII vincúlanse con: 1)novas fontes de enerxía; 2) artiluxios mecánicos; 3) compañías comerciais de Indias.

2.- Os inicios da R.I. en Europa caracterizáronse por unhas áreas e unidades productivas dispersas, se exceptuamos algunhas manufacturas importantes. Cronolóxicamente esta primera fase situarímo-la: 1) na 2ª metade do setecentos; 2) na 1ª metade do s.XIX; 3) na 1ª metade do novecentos.

3.- A aplicación ós procesos de producción industrial de máquinas de grande rendemento, como a máquina de vapor de Watt, aumentaron a productividade. Cando falamos de rendementos neste contexto de mecanización referímonos : 1) a aforro de enerxía; 2) a mellora de beneficios; 3) as duas alternativas son correctas.

 4.- O desenvolvemento industrial precisaba de condicións previas como a abondancia de man de obra, de excedentes de capital e dun novo concepto de propiedade, privada e libre. O novo modo de producir coñécese como: 1) capitalismo de Estado; 2) liberalismo económico; 3) de ningunha das citadas maneiras.

 5.- O longo camiño cara á mecanización se experimentou nas industrias textil e siderúrxica. Dous dos máis importantes innovadores foron :1) Monturiol e Peral; 2) Papen e Newcomen; 3) Cartwright e Cort.

 6.- A calidade de vida na nova sociedade veu da mán non só dos avances técnicos na producción, senón tamén dos progresos científicos, como a electricidade, e médicos como: 1) as primeiras vacinas; 2) as primeiras anestesias; 3) as primeiras escolas de mediciña.

7.- O liderazgo británico como potencia industrial descansaba inicialmente sobre as manufacturas textís: 1) de lino e seda; 2) de lá; 3) de algodón.

 8.- A partir de mediados do XIX a industrialización europea identifícase con siderurxia, especialmente trala producción masiva de aceiro gracias: 1) o convertedor de Bessemer; 2) o convertedor de Volta; 3) o convertedor de Ampere.

 9.- Tralas guerras napoleónicas, o “modelo inglés” extendeuse por Europa, ata convertila na “fábrica do mundo. No s.XIX só hai dous excepcións non europeas: 1) EEUU e Xapón; 2) Canadá e Australia; 3) non hai industrialización fora de Europa.

 10.- Outro sector con revolución tecnolóxica foi o transporte terrestre coa aplicación da máquina de vapor. Aparte das vantaxes para os intercambios das novas comunicacións, o ferrocarril: 1) fomenta o investimento de capitais no tendido ferroviario; 2) a producción e a productividade siderúrxica; 3) As duas alternativas son correctas.

 11.- A nova sociedade resultante das transformacións económicas do s. XIX caracterízase por unha “revolución demográfica” a favor do descenso da tasa de mortaldade (20%0). O crecemento demográfico situábase na Europa de 1914: 1) nos 450 millóns de `persoas; 2) nos 250 millóns; 3) nos 850 millóns.

 12.- O s. XIX é o “século de ouro” da burguesía, a nova clase dominante, non identificable sen máis coas clases medias, das que se diferencia: 1) pola súa actividade comercial e financieira; 2) pola vinculación co poder político; 3) sen dúbida, as duas son correctas.

 13.- Nunha fase máis avanzada da R.I. as empresas familiares pasaron a ser sociedades anónimas ou a sociedades por accións. As razóns e vantaxes das novas formas empresariais están en : 1) financiar as grandes fábricas; 2) concentrar os riscos de inversión; 3) nengunha é válida.

 14.- As dificultades do desenvolvemento industrial en España están asociados a atrasos no sistema de comunicacións e a unha falta de demanda interna, que non compensaron os esforzos de renovación como as Reais Fábricas ou: 1) a liberalización do comercio con América ;2) a apertura do comercio coa Francia dos Borbóns ; 3) a creación de bancos nacionais.

 15.- Á falta dun mercado en España con capacidade para absorber unha producción industrial, a artesanía repartíase os distintos mercados locais. Entre as produccións rexionais salienta: 1) a lá castellana e a seda catalana; 2) o sector metalúrxico na periferia (Cantabria, Navarra e Málaga); 3) a cerámica e a ebanistería valenciana.

 16.- A industrialización catalana con todas as limitacións do restrinxido mercado español articulouse arredor do sector textil, gracias á man de obra e aos capitais procedentes da agricultura e das exportacións a América. A especialidade do sector foi: 1) a fabricación de “indianas”; 2) tecidos de lá estampados; 3) tecidos de algodón a raias.

 17.- Entre os teóricos do novo pensamento económico están os nomes de Adam Smith e de David Ricardo. O primeiro é autor de : 1) ”Sobre a riqueza das nacións”; 2) ”Sobre o equilibrio da oferta e da demanda”; 3) ”Sobre o máximo beneficio a o pleno emprego”.

 18.- A localización dos núcleos industriais estivo condicionada ás posibilidades do transporte, é dicir, á accesibilidade das materias primas e dos mercados. Así, mentras os establecementos textís procuran a proximidade das cidades, os siderúrxicos: 1 ) os saltos de auga; 2) as concas hulleiras; 3) ás zonas rurais.

 19.- Ante a nova sociedade industrial emerxente os novelistas actuaron como testemuñas e cronistas dos cambios de vida e das relacións sociais que estaban a producir a burguesía como clase dominante. Entre os escritores franceses poderíanse citar: 1) Grandet e Tabernet; 2) Lavoisier e Jenner ; 3) Balzac e Zola.

 20.- Malia as limitacións citadas no item 14, España non foi unha excepción na industrialización de Europa e incluso houbo zonas nas que a súa introducción foi precoz. Dous exemplos destas iniciativas públicas e privadas foron: 1) Orbaiceta e Novo Baztán; 2) Sargadelos e Ribacaldo; 3) Villafranca del Bierzo e Villanueva de Alcorán.

noveno test; TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS E M.O. NO S.XIX

febrero 8, 2010 en 10:30 am | Publicado en 2ª trimestre, tests con resumes | Deja un comentario

1.- Durante a R.I. os beneficios empresariais, nun contexto de competencia perfecta, pasaban por un endurecemento do traballo tradicional no campo ou nas corporacións gremiais a través :1) de xornadas semanais só con descanso dominical e de 14 horas diarias; 2) dunha disciplina de traballo colectivo propia do sistema fabril; 3) as dous son complementarias.

2.- Durante a R.I. os beneficios empresariais, nun contexto de libre competencia de numerosas e pequenas empresas, pasaban pola reducción dos custos de producción, non das inversións en máquinas, senón dos salarios, a prol dun exceso de oferta de traballo asociado: 1)a emigrantes e parados; 2)mulleres e menores de idade; 3) as dúas son válidas.

 3.- Á chamada “cuestión social”, ou extensión dos traballadores con precarios medios de subsistencia e sen cobertura social algunha, tivo como resposta o desenvolvemento de diversas iniciativas novidosas de carácter asociativo como o sindicalismo, que aspiraba: 1) á negociación reinvindicativa e as mutualidades; 2) ó desorden e á provocación a través do luddismo (destrucción de máquinas) e da folga revolucionaria; 3)as dous son correctas.

 4.- A conciencia do carácter explotador do novo modo de producción capitalista é a aportación ao pensamento socialista dun grupo de escritores cualificados polos ideólogos marxistas como utópicos: 1) por antihumanistas e autoritarios; 2) por acientíficos e falta de sentido práctico; 3) nengunha das dous é acertada.

 5.- Entre os supostos “utópicos” socialistas salientan dous teóricos do sindicalismo dos traballadores en xeral, xa que logo opostos ao corporativismo dos traballadores “cualificados”, Owen e Proudhon; éstos, son representantes respectivamente do: 1) comunismo e dos falansterios; 2) cooperativismo e do federalismo obreiro; 3) socialismo político e do liberal.

 6.- Karl Marx (1818-1883) e Engels (1820-1895), membros da Liga dos Comunistas, organización revolucionaria que tiña como obxetivo a abolición da propiedade privada redactaron no ano 1848 un opúsculo obrerista: 1 ) un caderno de queixas dos traballadores industriais; 2) un informe sobre a organización mundial do proletariado; 3) un manifesto comunista ou proclama política obreira.

 7.- As primeiras formas de organización colectiva no marco da R.I. déronse no contexto das guerras napoleónicas. A partir de 1825, en Inglaterra, coa abolición das leis antiasociativas medran as Trade-Unións (sindicalismo de oficio) que se federan en 1834 nunha Grande Unión de Traballadores. Esta evolución reflicte un movemento obreiro de vocación: 1) rupturista e radical; 2) reformista; 3) revolucionario.

 8.- A consolidación do movemento sindical inglés posibilitou un movemento político que intenta a ampliación dos dereitos de voto aos non propietarios para acadar os cambios na lexislación laboral. Tal proxecto que desembocaría co tempo na constitución do Labour Party coñécese como: 1) laborismo; 2) cartismo; 3) posibilismo.

 9.- Xunto ós sindicatos reformistas non faltaron en Europa e nos EEUU os que adouptaron posicións revolucionarias e que tiñan como arma básica da súa loita reinvindicativa: 1) o absentismo laboral; 2) o “lock out” ou peche da fábrica; 2) a folga xeral.

 10.- En 1864 fúndase a Asociación Internacional de Traballadores (AIT) co obxetivo de informar e coordinar ás distintas seccións nacionais membros e coa aspiración última da emancipación da clase obreira. A represión legal desta organización intensificouse a raíz: 1) da guerra franco-prusiana de 1870 e da Comuna de París (1871); 2) da aceleración democrática de 1868; 3) da crise económica de 1873 e das migracións as que deu lugar.

 11.- Ás presións externas que experiementou a I Internacional, súmanse os enfrontamentos internos entre marxistas e anarquistas polas funcións do Consello Xeral, que levarían a súa disolución en 1876. As sedes de d ito órgano central foron:1) Londres e Nova York; 2) París e Filadelfia; 3) Londres e A Haia.

 12.- Autodenomínase “socialismo científico” ó pensamento de Marx no que refire á súa crítica ó modo de producción capitalista. Dito socialismo forma parte dunha interpretación da Historia baseada na dialéctica entre factores e relacións de producción. Nunha interpretación máis humanista, na loita de clases entre: 1) propietarios de medios de producción e forza de traballo; 2) burguesía e proletariado; 3) as dous son válidas.

 13.- No concepto de loita de clases como motor da Historia a fase final está representada pola derrota da burguesía e o establecemento dunha dictadura do proletariado como fórmula política da nova sociedade socialista. O final da Historia o constitue, sen embargo, o comunismo, é dicir: 1) unha sociedade non clasista; 2) sen goberno; 3) as dous son válidas.

 14.- No concepto dialéctico da Historia entre relacións sociais estáticas e forzas productivas dinámicas, a revolución escapa das posibilidades do voluntarismo limitándose o activismo obreiro á procura de melloras políticas e laborais democráticas dende os partidos autodenominados: 1) socialdemócratas; 2 )socialistas; 3) comunistas.

 15.- Os anarquistas diferían dos marxistas polo feito de rexeitaren a autoridade (Estado, Igrexa, partidos, líderes, etc). Nas derradeiras décadas do s.XIX dentro da tendencia anarquista existían varias tendencias: 1) anarcosindicalistas e anarcocomunistas; 2) maxisterio libertario e terrorismo de propaganda polo feito; 3) as dous son correctas.

 16.- Algúns pensadores libertarios influiron poderosamente no movemento obreiro. Entre eles, os rusos Bakunin e Kropotkin, os españois Urales e Mella e o italiano Malatesta: Para este último, autor de folletos como “No café” e “Entre campesiños”, a Anarquía é sinónimo de: 1) dun pacto libre entre iguais e dun sen governo dirixido ó benestar de todos; 2) dunha sociedade de amigos; 3) as dous son correctas.

 17.- O atraso na industrialización española explica que os movementos de asociación e loita obreira aparecesen con certo retraso respecto de europa, arredor da revolución de 1868 que puxo fin ó reinado de Isabel II. O Congreso da Federación Rexional Española (Barcelona, 1870) evidencia unha maior influencia no obrerismo peninsular do :1) anarquismo; 2) marxismo; 3) nengunha das dúas.

 18.- Intentos revolucionarios nun periodo de tanta inestabilidade política como o da I República levaron a ésta a proclamar a inconstitucionalidade da Internacional. A represión continuaría na Monarquía Restaurada ata a chegada do Governo de Sagasta en 1881 cunha lexislación de asociación máis permisiva que favoreceu a aparición da: 1) FTRE; 2) FETE; 3) FRE da I Internacional.

19.- O movemento obreiro español defendeu maioritariamente unha posición moderada en canto á colectivización, que non se lle tivo en conta guvernamentalmente cando apareceron grupos extremistas como a Man Negra, que dirixía a súa propaganda: 1) ó campesiñado andaluz; 2) ó proletariado vasco; 3) ós sectores populares en xeral.

20.- A escalada terrorista de afirmación anarquista de finais do s.XIX, autoxustificado na dura represión e na falta de libertades públicas, culminou en 1897 co magnicidio de Antonio Cánovas, Primeiro Ministro de: 1) Alfonso XII; 2) da Rexente Mª Cristina; 3) Alfonso XIII.

Septimo test; ESPAÑA LIBERAL

enero 12, 2010 en 9:27 am | Publicado en 2ª trimestre, tests con resumes | Deja un comentario

A FIN DO ANTIGO REXIME.

O reinado de Carlos IV.

1.- Durante o reinado de Carlos IV e trala paz coa Francia revolucionaria renovouse a tradicional alianza franco española dos Borbóns coñecida historiograficamente como : 1) Pactos de familia; 2) Entente Cordial; 3) Alianza dos Pirineos.

2.- A política exterior española de sometemento aos intereses de Napoleón (belixerancia con Gran Bretaña e os seus aliados) foi causa da ruina da flota de guerra (Trafalgar, 1805) e do malestar pola política do Goberno, personificado en :1) Floridablanca; 2) Aranda; 3) Godoy.

3.- O Motín de Aranjuez (1808) e abdicación de Carlos IV en pro de Fernando VII foi a ocasión aproveitada por Napoleón para invadir o territorio español e poñer no trono ao seu irmán como Xosé I. Impedirono, asumindo revolucionariamente a soberanía nacional cun levantamento armado, os que sendo súbditos pasaron a ser: 1) patriotas; 2) nacionalistas; 3) cidadáns.

A guerra de Independencia.

4.- A transcendencia da batalla de Bailén (1808) foi meramente simbólica e propagandística, como determinante o apoio do exército inglés e dos portugueses. A desaparición tralas campañas de 1809 e 1810 do exército regular español deu lugar a aparición : 1) do terrorismo; 2) da resistencia; 3) da guerrilla.

As Cortes de Cádiz.

5.- A ofensiva de Napoleón obrigou a disolver a Xunta Suprerma Central que coordinaba as Xuntas de defensa, mais antes de facelo convocou Cortes constituintes, inaguradas en 1910 na cidade de Cádiz. Entre a súa producción lexislativa salienta a abolición do Antigo Réxime, é dicir, a supresión: 1) da servidume; 2) das corporacións gremiais; 3) as dous son correctas.

6.- A Constitución liberal de 1812, a Constitución da Pepa, é a culminación da obra lexisladora das Cortes de Cádiz. O seu carácter liberal é polo tanto anti-absolutista manifestase no recoñecemento dos principios da soberanía nacional e da: 1) colaboración dos poderes; 2) separación de poderes; 3) concentración dos poderes.

O REINADO DE FERNANDO VII.

A restauración do absolutismo e o Trienio Liberal (1813-23).

7.- O regreso de Fernando VII, ”O Desexado” o foi tamén da restauración do absolutismo, inicialmente sen resistencias; sen embargo, a incapacidade das antigas institucións na solución dos problemas favorecerá os pronunciamentos militares que se suceden ao largo do Sexenio absolutista ata o triunfo de Riego en 1820, inagurando: 1) Un trienio liberal; 2) unha dictadura militar; 3) un cambio dinástico.

A década Ominosa (1823-33).

8.- Durante a denominada “Década Ominosa” (1823-1833) Fernando VII, que non tiña unha opinión antiliberal definida fora do rexeitamento do anticlericalismo, atopou sectarismos no campo absolutista, aglutinados arredor do seu irmán Carlos Isidro. Para asegura-la Coroa a súa filla Fernando VII aboliu a : 1) Pragmática Sanción; 2) Lei Sálica; 3) Lei de Sucesión.

A emancipación da América española.

9.- As causas da emancipación de América son diversas: a difusión do pensamento ilustrado, a independencia das colonias inglesas, o ideal dunha independencia económica, e a escaseza das tropas españolas no territorio americano (cfr., pronunciamento de Riego). A rebelión tivo dous focos principais de gran peso crioulo: 1) as Capitanías de Chile e Guatemala; 2) os virreinatos de Río da Prata e de Nova Granada; 3) os virreinatos de Perú e de Nova España.

O REINADO DE ISABEL II.

Moderados e progresistas.

10.- Isabel II subiu ao trono en 1833, baixo a rexencia da súa nai Mª Cristina, co apoio dos moderados, burgueses e nobles contrarios á participación política das clases populares. A alianza da Coroa cos moderados reflectiuse no Estatuto Real de 1834 (prerrogativas reais e sufraxio moi restrinxido), lei fundamental do Estado con rango de: 1) Constitución; 2) Carta Outorgada; 3) Decreto lei.

Os progresistas no poder.

11.- Os progresistas eran liberais (sectores urbanos) partidarios da modernización social e económica. En 1835 chegou ao poder Mendizábal, quen puxo en marcha unha desamortización (expropiación e poxa de bens) que completarían (20 anos despois) Espartero e Madoz. O seu éxito foi parcial. Entre os obxetivos:1) salda-las débedas da Coroa (cfr., guerra carlista) e investir na modernización do país; 2) reduci-lo poder da Igrexa e crear unha clientela política liberal no rural; 3) as dous son correctas.

A guerra carlista.

Os moderados no poder.

12.- Coa maioría de idade de Isabel II (1843-1868) o liberalismo moderado afianzouse gracias á Constitución de 1845 (prerrogativas reais e sufraxio censitario). Xunto ao grupo social hexemónico da burguesía, o máis numeroso seguiu a ser: 1) o proletariado; 2) o campesiñado; 3) a clase media.

O SEXENIO REVOLUCIONARIO.

A Revolución Gloriosa.

13.-Cara a 1860 o sistema político moderado non era capaz de soluciona-los problemas da sociedade española. Xunto ao liberalismo progresista, apareceron novas ideas arredor do sufraxio universal. Seguindo a tradición intervencionista na política o exército (Serrano, Prim) iniciou un levantamento que forzou a Isabel II ao exilio e que é coñecido como a Revolución: 1) Gloriosa; 2) Septembrina;3) das dous maneiras.

A Monarquía de Amadeo I.

14.- Ainda que os sublevados de 1868 o eran de distintas tendencias políticas só os progresistas formaron parte do Goberno provisional que convocou Cortes constituintes. A Constitución de 1869 (sufraxio universal masculino e responsabilidade dos ministros ante as Cortes) adoptaba a forma monárquica e como nova dinastía optouse pola Casa de:1) Braganza; 2) Savoia;3) Hollenzollern.

A Primeira República.

15.- A Monarquía de Amadeo I de Savoia tivo que lidiar cunha nova guerra carlista, coa emancipación de Cuba e cos enfrontamentos partidarios. Neste contexto, incapaz de tomar partido na primacía do poder civil sobre o militar abdicou en 1873. As Cortes (con pouca representación republicana) en sesión extraordinaria proclamaron a República, que tivo entre os seus Presidentes a:1) Figueras e Pi i Margall; 2) Salmerón e Castelar; 3) aos catro.

16.- O republicanismo herdaba dos progresistas a modernización económica e social, do socialismo a preocupación social e do anarquismo a liberdade do individuo fronte ao Estado. Pola súa parte os republicanos federalistas defendían o goberno autónomo dos territorios e a libre vontade de federarse para formar o Estado. A esperiencia republicana coa vixencia dun ano rematou cunha:1) revolución cantonal; 2) un asalto ás Cortes; 3) cun golpe de Estado.

A RESTAURACIÓN.

A estabilidade política.

17.- A Restauración (borbónica) .iniciouse en 1874 coa sublevación en Sagunto de Martínez Campos, quen proclamou a Alfonso XII como rei. O sistema político ideado por Antonio Cánovas fundamentouse na Constitución de 1876 (soberanía compartida rei e Cortes). A novidade dunha alternativa pacífica no goberno estaba garantida polo bipartidismo conservador /liberal. Xunto a Cánovas salienta o liderazgo de: 1) Sagasta; 2) Canalejas; 3) Romanones.

O desenvolvemento dos nacionalismos.

18.- O nacionalismo catalán e vasco na procura da súa identidade cultural e lingüística apoiouse nunha burguesía que reinvindicaba proteccionismo para a súa industria. Outras rexións con desenvolvemento nacionalista foron: 1) Galicia e Valencia; 2) Andalucía e Murcia; 3) Navarra.

A crise da Restauración.

19.- Entre a morte de Alfonso XII e a maioría de idade de Alfonso XIII a raiña Mª Cristina exerceu a rexencia (1885-1902). Unha reforma electoral incluiu o sufraxio universal masculino, mais o descontento social aumentou o temor gubernamental de que as reformas derivaran en revolución. Entre os intelectuais rexeneracionistas destaca: 1) Joaquín Costa; 2) Silvela; 3)Moret.

A política exterior.

20.- A guerra de Cuba (liberdade de comercio para os productos coloniais) incentivada polos EEUU desde 1895 amosou que España vivía nunha profunda crise. Coa entrada na guerra de Norteamérica (afundimento do Maine) en 1898, España terminará por recoñecer (Paz de París).A independencia de Cuba e Filipinas e a tutela norteamericana de: 1) Panamá; 2) Porto Rico; 3) Guantánamo.

resumo

A FIN DO ANTIGO REXIME.

O reinado de Carlos IV.

Durante o reinado de Carlos IV e trala paz coa Francia revolucionaria renovouse a tradicional alianza franco española dos Borbóns coñecida historiograficamente como Pactos de familia. A política exterior española de sometemento aos intereses de Napoleón (belixerancia con Gran Bretaña e os seus aliados) foi causa da ruina da flota de guerra (Trafalgar, 1805) e do malestar pola política do Goberno, personificado en Godoy. O Motín de Aranxúez (1808) e abdicación de Carlos IV en pro de Fernando VII foron así a ocasión aproveitada por Napoleón para invadir o territorio español e poñer no trono ao seu irmán como Xosé I; sen embargo, tal intervencion dos Bonaparte impedirano, asumindo revolucionariamente a soberanía nacional cun levantamento armado, os que sendo súbditos pasaron a ser patriotas.

A guerra de Independencia e as Cortes de Cádiz

A transcendencia da batalla de Bailén (1808) foi meramente simbólica e propagandística, como determinante para o seu desenlace o apoio do exército inglés e dos portugueses. Paralelamente á desaparición tralas campañas de 1809 e 1810 do exército regular español, que deu lugar a aparición da guerrilla, a ofensiva de Napoleón obrigou a disolver a Xunta Suprerma Central que coordinaba as Xuntas locais de defensa en pro dun Consello de Rexencia, que antes de facelo o propio convocou Cortes constituintes, inaguradas en 1910 na cidade de Cádiz. Entre a súa producción lexislativa salienta a abolición do Antigo Réxime, é dicir, a supresión: da servidume e das corporacións gremiais. Será, sen embargo, a Constitución liberal de 1812, a Constitución da Pepa, a culminación da obra lexisladora das Cortes de Cádiz, cuxo carácter liberal é polo tanto anti-absolutista manifestase no recoñecemento dos principios da soberanía nacional e da separación de poderes.

O REINADO DE FERNANDO VII.

A restauración do absolutismo e o Trienio Liberal (1813-23).A década Ominosa (1823-33).

O regreso de Fernando VII, ”O Desexado” o foi tamén da restauración do absolutismo, inicialmente sen resistencias; sen embargo, a incapacidade das antigas institucións na solución dos problemas favorecerá os pronunciamentos militares (cfr., Juan Díaz Porlier, Lacy, etc.) que se suceden ao largo do Sexenio absolutista ata o triunfo de Riego en 1820, inagurando deste xeito un Trienio liberal.

Durante a denominada “Década Ominosa” (1823-1833) Fernando VII, que non tiña unha opinión antiliberal definida fora do rexeitamento do anticlericalismo, atopou sectarismos no campo absolutista, aglutinados arredor do seu irmán Carlos Isidro. Nestas tensións, de novo, na Casa real española e para asegura-la Coroa a súa filla Fernando VII aboliu a Lei Sálica coa aprobación da Pragmática Sanción.

Durante o reinado de Fernando VII consumouse a Independencias das colonias españolas. As causas da emancipación de América son diversas: a difusión do pensamento ilustrado, a independencia das colonias inglesas, o ideal dunha independencia económica, e a escaseza das tropas españolas no territorio americano (cfr., pronunciamento de Riego). A rebelión tivo dous focos principais de gran peso crioulo os virreinatos de Río da Prata e de Nova Granada.

O REINADO DE ISABEL II.

Moderados e progresistas.

Baixo a rexencia da súa nai Mª Cristina, Isabel II subiu ao trono en 1833, co apoio dos moderados, burgueses e nobles contrarios á participación política das clases populares. A alianza da Coroa cos moderados reflectiuse no Estatuto Real de 1834 (prerrogativas reais e sufraxio moi restrinxido), lei fundamental do Estado con rango de Carta Outorgada. Pola súa parte, os progresistas eran liberais partidarios da modernización social e económica en canto representaban aos sectores urbanos. En 1835 chegou ao poder Mendizábal, quen puxo en marcha unha desamortización (expropiación e poxa de bens eclesiásticos das ordes regulares) que completarían 20 anos despois Espartero e Madoz. O éxito destas intervencións políticas foi parcial; entre os seus obxetivos estaba salda-las débedas da Coroa (cfr., guerra carlista) e investir na modernización do país, mais tamén reduci-lo poder da Igrexa e crear unha clientela política liberal no rural.

Os moderados no poder.

Coa maioría de idade de Isabel II (1843-1868) o liberalismo moderado afianzouse gracias á Constitución de 1845 (prerrogativas reais e sufraxio censitario). Xunto ao grupo social hexemónico da burguesía, o máis numeroso seguiu a ser o campesiñado.

O SEXENIO REVOLUCIONARIO.

A Revolución Gloriosa .A Monarquía de Amadeo I. A Primeira República.

Cara a 1860 o sistema político moderado non era capaz de soluciona-los problemas da sociedade española. Xunto ao liberalismo progresista, apareceron novas ideas arredor do sufraxio universal. Seguindo a tradición intervencionista na política, o exército (Serrano, Prim) iniciou un levantamento que forzou a Isabel II ao exilio coñecido como a Revolución Gloriosa e Septembrina. Ainda que os sublevados de 1868 o eran de distintas tendencias políticas só os progresistas formaron parte do Goberno provisional que convocou Cortes constituintes. A Constitución de 1869 (sufraxio universal masculino e responsabilidade dos ministros ante as Cortes) adoptaba a forma monárquica e como nova dinastía optouse pola Casa Savoia. A Monarquía de Amadeo I de Savoia tivo que lidiar cunha nova guerra carlista, coa emancipación de Cuba e cos enfrontamentos partidarios; neste contexto, incapaz de tomar partido, respecto da primacía do poder civil sobre o militar, abdicou en 1873. Paradóxicamente, unhas Cortes (con pouca representación republicana) proclamará en sesión extraordinaria a República, que tivo entre os seus Presidentes a: Figueras e Pi i Margall, a Salmerón e a Castelar.

O republicanismo herdaba dos liberais progresistas e demócratas a modernización socioeconómica, do socialismo a preocupación social e do anarquismo a liberdade do individuo fronte ao Estado. Dentro do campo republicano, federalistas defendían o goberno autónomo dos territorios e a libre vontade de federarse para formar o Estado. Foi a I República unha experiencia con vixencia dun ano e que remataría cun golpe de Estado (Xeneral Pavía).

A RESTAURACIÓN.

A estabilidade política e o desenvolvemento dos nacionalismos.

A Restauración (borbónica) iniciouse en 1874 coa sublevación en Sagunto de Martínez Campos, quen proclamou a Alfonso XII como rei. O sistema político ideado por Antonio Cánovas fundamentouse na Constitución de 1876 (soberanía compartida rei e Cortes). A novidade dunha alternativa pacífica no goberno estaba garantida polo bipartidismo conservador /liberal. Xunto a Cánovas salienta o liderazgo de Sagasta. Consolidado, deste xeito, o novo rexime, entre a morte de Alfonso XII e a maioría de idade de Alfonso XIII a raiña Mª Cristina Habsburgo exerceu (1885-1902) unha rexencia reformista; así, a reforma electoral incluírá o sufraxio universal masculino, malia o temor a que as reformas derivaran en revolución por mor do malestar social crecente e expreso polos intelectuais rexeneracionistas como Joaquín Costa. Namentras, o nacionalismo en Cataluña e no País Vasco na procura da súa identidade cultural e lingüística apoiouse nunha burguesía que reinvindicaba políticas proteccionistas para a súa industria; utras rexións con desenvolvemento nacionalista foron Galicia e Valencia

En canto á política exterior, a guerra de Cuba incentivada polos EEUU (liberdade de comercio para os productos coloniais) amosou desde 1895 que España vivía nunha profunda crise. Coa entrada na guerra de Norteamérica (afundimento do Maine) en 1898, España terminará por recoñecer (Paz de París) a independencia de Cuba e Filipinas, así como a tutela norteamericana de Puerto RicoV

Sexto test: REVOLUCIÓNS NACIONAIS E DEMOCRÁTICAS

diciembre 7, 2009 en 10:43 am | Publicado en 2ª trimestre, tests con resumes | 1 comentario

REVOLUCIÓNS NACIONAIS E DEMOCRÁTICAS

1.- As revolucións nacionais e democráticas” constitúe o epígrafe que mellor define os núcleos temáticos que caracterizan as transformacións políticas do s.XIX. O século comenzara coa orde imposta por Napoleón. A súa derrota militar en Waterloo (1815) significou o fracaso de toda a súa construcción política, que relacionamos: 1) coa Comuna de París; 2) co Congreso de Viena; 3) coa Conferencia de Berlín.

2.- O triunfo temporal do absolutismo ou a restauración das casas reinantes desposuidas por Napoleón xustificouse ideolóxicamente no principio: 1) de soberanía nacional; 2) de soberanía popular; 3) de lexitimidade dinástica.

3.- A nova organización territorial europea que xurde en 1815, creada para reprimir os principios liberais, frustraba as aspiracións nacionalistas dos pobos europeos co mantenemento dos antigos imperios austríaco, ruso e otomano. Para consolidala pactouse unha coalición militar coñecida como: 1) Pactos de Familia; 2 Santa Alianza; 3) Fillos de San Luís.

4.- O nacionalismo, rerforzado polo romanticismo, afirmaba o dereito dos pobos ao seu propio destino e a posuir un Estado de seu, o que xustificaba un espíritu de nacionalidade que non pode ser obra de individuos, como de feito tampoco o é :1) a lingoa; 2) a cultura e as tradicións; 3) as dous son correctas.

5.- Derrotado Napoleón, os liberais europeos acharon como modelo á Monarquía inglesa, baseada na separación de poderes e no sufraxio censitario. Máis radicais, os demócratas defendían, xunto ó sufraxio universal: 1) a República; 2) a Monarquía parlamentaria; 3) as sociedades secretas.

6.- A primeira vaga revolucionaria na que confluiron liberais e nacionalistas produciuse en 1820. Moitas destas experiencias foron esmagadas pola forza militar dos exércitos absolutistas. Houbo unha excepción: 1) España; 2) Rusia; 3) Grecia.

 7.- A Restauración borbónica en Francia, primeiro con Luís XVIII e logo con Carlos X, comenzou a cuestionarse tanto polo malestar político como polo económico que producían: 1) a Carta Outorgada e a crise agrícola de 1825; 2) as xornadas de xullo de 1830; 3) a abdicación de Carlos X en Luís Filipe de Orleáns).

 8.- O triunfo dunha Monarquía Parlamentaria na Francia de 1830 serviu de estímulo dunha nova vaga revolucionaria que, aínda que só tivo éxito en Bélxica coa instauración da Monarquía Constitucional de Leopoldo I, se extendeu por: 1) Alemaña; 2) Rusia; 3) Austria.

 9.- A seguinte onda revolucionaria, a de 1848, tamén encetou en Francia. Estivo precedida por crises de subsistencia e do malestar político que provocaba o sufraxio restrinxido. A proclamación da II República proclamou a extensión do voto sen outro límite que: 1) a idade; 2) o voto femenino; 3) as dous son correctas.

 10.- Tamén a República francesa foi exemplar aos ollos dos revolucionarios contemporáneos, extendendose o modelo como regueiro de pólvora polas principais capitais europeas. O éxito inicial deste movemento foi celebrado eufóricamente como: 1) a “primavera dos pobos ;2) ”o tempo das barricadas” ;3) ”a Revolución Gloriosa”.

 11.- O triunfo dos republicanos moderados e a derrota do pobo de París en xuño de 1848, supuxo unha viraxe a favor da reacción no resto de Europa. As tres capitais do Imperio austríaco caen unha detrás da outra; nos referimos a: 1) Viena, Praga e Berlín; 2) Viena, Budapest e Milán; 3) Praga, Viena e Budapest.

 12.- G. Mazzini , patriota italiano, participou en tódalas vagas revolucionarias da 1ª ½ do s.XIX. Autor do Manifiesto de Marsella de 1831 e do opúsculo “Italia, Austria e o Papa” de 1845, nas que defende as súas ideas republicanas e democráticas, é ademáis o líder: 1) da “Nova Italia” e da “República romana”; 2) da “Xove Italia” e da “República italiana”; 3) do “Rexurdimento” e da “República unitaria”.

 13.- A. Humboldt, pioneiro da moderna xeografía, autor de Cosmos, obra de divulgación científica, foi un viaxeiro notable que percorreu as posesións españolas de América e Rusia. En Berlín foi entusiasta testemuña da revolución de 1848 o que lle valeu: 1) a Lexión de Honor; 2) ser candidato do Parlamento de Franfort; 3) ser nomeado Rector de Universidade.

14.- No Congreso de Viena os 38 Estados alemáns, xunto con Prusia, foron integrados nunha Confederación Xermánica baixo a tutela de Austria. Pola súa parte, Italia aparecía menos fragmentada, pero sen nengunha estructura integradora; aquí, o protagonismo principal era compartido por: 1) Borbóns e Papado; 2) Papado e Savoia ;3) Entre os 3 mencionados.

15.- O fracaso da revolución de 1848 nos Estados alemáns abriu a vía conservadora, a unificación baixo a hexemonía da monarquía prusiana, como aposta da burguesía, principal beneficiada polo Zollverein de 1834, é dicir: 1)pola unión económica do comercio alemán; 2) pola Confederación dos alemáns protestantes; 3) pola unión da Prusia oriental e Occidental.

 

16.- En Italia, trala conversión de Piamonte nunha Monarquía parlamentaria, o liderazgo no proceso de unificación foi compartido pola diplomacia de Savoia e a praxe insurreccional dos “camisas bermellas” no Reino de Nápoles e Sicilia de: 1) Victor Manuel; 2) Cavour; 3) Garibaldi.

17.- A unificación de Alemania e Italia entrecrúzanse en 1866 coa guerra austroprusiana e en 1870 coa guerra francoprusiana que obrigou a repatriar as tropas francesas que protexían os Estados Pontificios. Para Italia significaba: 1) completar a territorialidade; 2 ) ter unha capitalidade estable; 3) nengunha novidade.

18.- Fronte o proxecto unificador de Prusia exclusivamente belicista, o programa de Piamonte alternaba guerra e diplomacia. Gracias a ésta última déronse: 1) incorporacións por plebiscitos como o de Toscana; 2) intercambios territoriais con Austria; 3) compras territoriais a Francia.

 19.- Otto von Bismarck, embaixador en Rusia e Francia, foi o primeiro ministro de Guillermo I de Prusia desde 1862. O autoritarismo das súas políticas interior e exterior valeulle o alcume de: 1) ”Chanceller de ferro”; 2) ”Herr Barón”;3) ”Herr Sarxento.

 20.- Nun proceso de 30 anos a maioría das colonias españolas e portuguesas en América independizáronse das metrópoles. Aparte das influencias da Ilustración e da Revolución americana das colonias inglesas, hai que salientar o desexo de emancipación económica dos: 1) indios; 2 ) gachupins; 3) crioullos.

 

RESUMO

As revolucións nacionais e democráticas” constitúe o epígrafe que mellor define os núcleos temáticos que caracterizan as transformacións políticas do s.XIX. En efecto, o século comenzara coa nova orde imposta por Napoleón; a súa derrota militar en Waterloo (1815) significou o fracaso de toda a súa construcción política, que relacionamos co Congreso de Viena. O triunfo temporal do absolutismo ou a restauración das casas reinantes desposuidas por Napoleón xustificouse ideolóxicamente no principio de lexitimidade dinástica. A nova organización territorial europea que xurde en 1815, creada para reprimir os principios liberais, frustrou igoalmente as aspiracións nacionalistas dos pobos europeos co mantenemento dos antigos imperios austríaco, ruso e otomano. Para consolidala pactouse unha coalición militar coñecida como Santa Alianza.

Derrotado Napoleón, os liberais europeos adoptaron como modelo do seu ideal de Estado á Monarquía inglesa, baseada na separación de poderes e no sufraxio censitario; sen embargo, os máis radicais, os demócratas defendían, xunto ó sufraxio universal, a República como forma de goberno. Pola súa parte, o nacionalismo, rerforzado polo movemento cultural romántico, afirmaba o dereito dos pobos a decidir o seu destino e a posuir un Estado de seu, o que se xustificaba nun espíritu de nacionalidade que non podía ser obra de individuos, como de feito tampoco o son os elementos que conforman o seu acervo cultural, as súas tradicións e principalmente, a súa lingoa

 

A primeira vaga revolucionaria na que confluiron liberais e nacionalistas produciuse en 1820, malia que moitas destas experiencias (Grecia, Rusia) foron esmagadas pola forza militar dos exércitos absolutistas, destacando por iso a excepción española e a súa influencia en Portugal. A consolidación dos novos reximes liberais peninsulares acelerou o proceso que levaría en 30 anos á maioría das colonias españolas e portuguesas en América a independizarse das metrópoles; a parte das influencias da Ilustración e da Revolución americana das colonias inglesas, hai que salientar o desexo de emancipación económica dos criollos.

A Restauración borbónica en Francia, encarnada primeiro en Luís XVIII e logo en Carlos X, comenzou a cuestionarse tanto polo malestar político como polo económico especialmente coas Xornadas de xullo de 1830. Deste xeito o triunfo da Monarquía Parlamentaria en Francia servirá de estímulo dunha nova vaga revolucionaria que, aínda que só tivo éxito en Bélxica coa instauración da Monarquía Constitucional de Leopoldo I, se extendeu por Alemaña.

A seguinte onda revolucionaria, a de 1848, tamén encetou en Francia precedida por crises de subsistencia e do malestar político que xeraba o carácter restrinxido do sufraxio; finalmente, a instauración da II República proclamou a extensión do voto sen outro límite que a idade e o voto femenino. Como antes a Monarquía, tamén a República francesa foi exemplarizante aos ollos dos revolucionarios contemporáneos, extendendose o modelo como regueiro de pólvora polas principais capitais europeas; o éxito inicial deste movemento foi celebrado eufóricamente como a “primavera dos pobos”. O triunfo dos republicanos moderados e a derrota do pobo de París en xuño de 1848, supuxo unha viraxe a favor da reacción no resto de Europa e así as tres capitais do Imperio austríaco caen unha detrás da outra; nos referimos a Praga, Viena e Budapest. Unha referencia persoal do idealismo revolucionario o representa A. Humboldt, pioneiro da moderna xeografía como autor de Cosmos, obra de divulgación científica, e como notable viaxeiro que percorreu as posesións españolas de América ou Rusia, e entusiasta testemuña da revolución de 1848 en Berlín, o que lle valeu ser candidato do Parlamento de Franfort.

 

No Congreso de Viena os 38 Estados alemáns, xunto con Prusia, foron integrados nunha Confederación Xermánica baixo a tutela de Austria; pola súa parte, Italia aparecía menos fragmentada, pero sen nengunha estructura integradora; aquí de inicio, o protagonismo principal era compartido polo Papado e Savoia. Sen embargo, Giusseppe Mazzini, patriota italiano, protagonista de tódalas vagas revolucionarias da 1ª ½ do s.XIX, autor do “Manifiesto de Marsellade 1831, e en 1845 do opúsculo “Italia, Austria e o Papa” no que defendía as súas ideas republicanas e democráticas como líder da “Xove Italia” e da “República italiana”. En Italia, trala conversión de Piamonte na Monarquía parlamentaria de Victor Manuel I, o liderazgo no proceso de unificación foi compartido tanto pola diplomacia da Casa Savoia (Camilo Benso, Conde Cavour), como pola praxe insurreccional dos “camisas bermellas” de Garibaldi no Reino de Nápoles e Sicilia.

O fracaso da revolución de 1848 nos Estados alemáns abriu a vía conservadora; é dicir, a unificación baixo a hexemonía da monarquía prusiana, unha aposta da burguesía, principal beneficiada polo Zollverein de 1834, é dicir pola unión económica do comercio alemán. A unificación de Alemania e Italia entrecrúzanse en 1866 coa guerra austroprusiana e en 1870 coa guerra francoprusiana que obrigou a repatriar as tropas francesas que protexían os Estados Pontificios. Para Italia significaba completar a territorialidade e dispoñer dunha capitalidade estable. Finalmente, fronte o proxecto unificador e exclusivamente belicista da Prusia de Otto von Bismarck, embaixador en Rusia e Francia, e desde 1862 ministro de Guillermo I de Prusia, de cuxo autoritarismo na política interior e exterior dan fe o seu alcume de “Chanceller de ferro”, o programa de Piamonte alternaba guerra e diplomacia. Grazas a ésta última déronse incorporacións por plebiscitos como o de Toscana.

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.
Entries y comentarios feeds.