DOCUMENTOS PARA ANÁLISE E COMENTARIO DE TEXTO

noviembre 16, 2009 en 8:46 pm | Publicado en 1ª trimestre, Documentos para AyC | Deja un comentario

 

A PROSPERIDADE DA IDADE MODERNA.

Se se len tódalas crónicas non se encontrará, despois do nacemento de Cristo, nada que poida compararse co que se produciu entre nós nos últimos cen anos. ¡Nunca en ningún páis se viron tantas construccións, tantos cultivos!. Nunca tanta posibilidade de beber, nunca alimentos tan abondantes e delicados ao alcance de tanta xente. Os traxes son tan ricos que non poderían selos máis. ¿Quén oiu falar nunca dun comercio coma o de hoxe?. Dá a volta ao mundo, abrangue a terra enteira. A pintura, o grabado, tódalas artes progresaron e progresan aínda. Ademáis, hai entre nós persoas tan hábiles e sabias que o seu espíritu todo o penetra, de xeito que un mozo de vinte anos sabe de todo isto máis do que sabían vinte doutores noutros tempos.                   LUTERO, 1520 

A CONTRARREFORMA

A resposta da Igrexa católica ao protestantismo produciuse no Concilio de Trento (1545-1563). Nel reafirmáronse os dogmas atacados polos reformados, o valor da tradición e non só das Escrituras, a importancia dos sacramentos, a autoridade do Papa por encima dos concilios, o control da Igrexa sobre a Biblia, que non se debía traducir ás diferentes linguas. Estableceuse o Indice dos libros prohibidos e mellorouse a disciplina ecle-siástica e a formación do clero. Roma preparouse así para facer fronte á Reforma.

A segunda metade do século protestantes e católicos embarcánse nunha loita aberta polo poder e as conciencias, na que os calvinistas e os xesuítas, orde creada agora, representaron un papel fundamental na reforma e na contrarreforma, respectivamente.

A MASONERÍA

A masonería é un dos fenómenos máis interesantes e significativos da época da Ilustración. Tratábase dunha sociedade secreta que tiña grupos en varios países de Europa, chamados loxias e á que pertenceron persoas moi importantes da súa época, científicos, filósofos, músicos e tamén reis. Esta organización tiña a súa orixe nos gremios de canteiros e arquitectos da Idade media, que conservaban celosamente segredos do seu oficio; no ano 1717, catro destes gremios que aínda existían en Londres agrupáronse nunha sociedade filosófica que pronto se espallou por toda a Europa ilustrada.

Os masóns pretendían mellora-las costumes e a sociedade a través dunha nova mentalidade baseada na razón, na igualdade e na liberdade…Os masóns rexeitaban a relixión tradicional e crían nun Deus universal, común a tódalas relixións, que chamaban “O Grande Arquitecto do Mundo”

Anuncios

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.
Entries y comentarios feeds.