Thomas Alva Edison

febrero 21, 2010 de 3:53 pm | Publicado en 2ª trimestre, Fichas graficas de personaxes históricos | Deja un comentario

FICHA BIOGRAFICA DE PERSONAXES HISTÓRICOS por Ana Portela Fontán

NOME DO ACTOR.- Thomas Alva Edison

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-              No mesmo ano en que nace Edison comeza a guerra entre Estados Unidos e México
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas e recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- empresario e prolífico inventor que patentó máis de mil inventos que contribuiu a darlle, tanto a Estados Unidos como a Europa, os perfis tecnolóxicos do mundo contemporáneo
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en nació en Milan (Ohio) o 11 de febreiro de 1847.

E finou o 18 de outubre de 1931 en  West Orange, Nueva Jersey

ORIXE FAMILIAR.- Fillo de Samuel Edison e Nancy Edison. Foi o séptimo dos seus fillos.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.

En 1855 aos oito anos e medio Edison entra na escuela. Despois de tres meses de estar asistindo, regresó a sua casa chorando, informando de que o seu mestre calificarao  de alumno “estéril e improductivo”.

A idade de 9 anos xa lira “Filosofía Natural y Experimental” de Richard Green Parker, y aos 13 descubrió no l librero do seu pai as obras de Thomas Paine.

Pero non quedou satisfeito con leer, senon que comenzó a probar deferentes experimentos baseandose no que lia nos libros de Ciencia.

CURRICULUM PROFESIONAL.- 

-en 1877, inventou el fonógrafo

-1879: a bombilla ou lámpara eléctrica incandescente

-1882 inauguró, na cidade de New York, a primeira central eléctrica do mundo

– En 1887 fundou o Laboratorio Edison en New York

– 1889 :invención do kinetoscopio

– no ano 1889 comercializa a película en celuloide

– En 1892 foi galardonado coa “Medalla Albert” da Real Sociedade das  Artes de Gran Bretaña

– En 1915 o nomearon presidente do Consello Asesor da Marina dos Estados Unidos

– en 1928 recibiu a medalla de oro do Congrello dos Estados Unidos de América

IDEOLOXÍA.-
PRODUCCION LITERARIA.-
Anuncios

Anselmo Lorenzo

febrero 21, 2010 de 3:42 pm | Publicado en 2ª trimestre, Fichas graficas de personaxes históricos | Deja un comentario

FICHA BIOGRAFICA DE PERSONAXES HISTÓRICOS por Ana Portela Fontán

NOME DO ACTOR.-Anselmo Lorenzo

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas e recursos web.-

Wikipedia e  biografias e vidas.com

IDENTIDADE.- Foi un dos primeiros anarquistas españoles. Esa é a razón pala que a veces é chamado  “o avo do anarquismo español”
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Toledo21 de abril de 1841

E finou en  Barcelona o 30 de noviembre de 1914

ORIXE FAMILIAR.- Naceu  no  seno dunha familia humilde pertenciente á clase traballadora (os seus país eran campesinos que, en busca de mellor fortuna, establecieronse con seus fillos en Madrid cando o pequeno Anselmo era ainda un neño de corta edade).
ESTUDIOS E FORMACIÓN. Con soamente 11 anos comezou a traballar cerería do seu tio, pero isto non lle entusiasmaba e pronto comezou a traballar nunha tipografía.
CURRICULUM PROFESIONAL

1871 participou  con Francisco Mora e González Morango da  sección española da Primera Internacional

-1871, Londres, participou nunha conferencia defendendo una postura no marxista.

-Exiliuse en París tras verse perseguido pola policía, acusado de inductor no proceso de Montjuïc (18961897).

– A sua vuelta colaborou en Barcelona coa Editorial da Escuela Moderna xunto a Francisco Ferrer Guardia.

– En 1910 participou no congreso de Barcelona e na fundación da Confederación Nacional del Trabajo (CNT).

IDEOLOXÍA.-

A sua  gran contribución ao anarquismo dase porque foi o seu máximo teórico en España.

PRODUCCION LITERARIA.-

  •  Fuera política 1886
  • Acracia o república 1886
  • Biografía de Pedro Kropotkin 1893
  • Criterio libertario 1903
  • Vía libre 1905
  • Solidaridad 1909
  • La Anarquía Triunfante 1911
  • Contra La Ignorancia 1913
  • El proletariado militante, 2 vols. 1901, vol. 1-1923, vol. 2

 

modelo de ficha biografica de personajes historicos

febrero 21, 2010 de 12:44 pm | Publicado en 2ª trimestre, Fichas graficas de personaxes históricos | Deja un comentario

FICHA BIOGRAFICA DE PERSONAXES HISTÓRICOS 

NOME DO ACTOR.-

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

(foto)

Fontes bibliográficas e recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.-
COORDENADAS VITAIS.-
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.
CURRICULUM PROFESIONAL.- 
IDEOLOXÍA.-
PRODUCCION LITERARIA.-

*octavo test; REVOLUCIÓN INDUSTRIA Y CAPITALISMO

febrero 14, 2010 de 3:54 pm | Publicado en 2ª trimestre, tests con resumes | Deja un comentario

1.- As orixes da R.I. na Gran Bretaña de mediados do s.XVIII vincúlanse con: 1)novas fontes de enerxía; 2) artiluxios mecánicos; 3) compañías comerciais de Indias.

2.- Os inicios da R.I. en Europa caracterizáronse por unhas áreas e unidades productivas dispersas, se exceptuamos algunhas manufacturas importantes. Cronolóxicamente esta primera fase situarímo-la: 1) na 2ª metade do setecentos; 2) na 1ª metade do s.XIX; 3) na 1ª metade do novecentos.

3.- A aplicación ós procesos de producción industrial de máquinas de grande rendemento, como a máquina de vapor de Watt, aumentaron a productividade. Cando falamos de rendementos neste contexto de mecanización referímonos : 1) a aforro de enerxía; 2) a mellora de beneficios; 3) as duas alternativas son correctas.

 4.- O desenvolvemento industrial precisaba de condicións previas como a abondancia de man de obra, de excedentes de capital e dun novo concepto de propiedade, privada e libre. O novo modo de producir coñécese como: 1) capitalismo de Estado; 2) liberalismo económico; 3) de ningunha das citadas maneiras.

 5.- O longo camiño cara á mecanización se experimentou nas industrias textil e siderúrxica. Dous dos máis importantes innovadores foron :1) Monturiol e Peral; 2) Papen e Newcomen; 3) Cartwright e Cort.

 6.- A calidade de vida na nova sociedade veu da mán non só dos avances técnicos na producción, senón tamén dos progresos científicos, como a electricidade, e médicos como: 1) as primeiras vacinas; 2) as primeiras anestesias; 3) as primeiras escolas de mediciña.

7.- O liderazgo británico como potencia industrial descansaba inicialmente sobre as manufacturas textís: 1) de lino e seda; 2) de lá; 3) de algodón.

 8.- A partir de mediados do XIX a industrialización europea identifícase con siderurxia, especialmente trala producción masiva de aceiro gracias: 1) o convertedor de Bessemer; 2) o convertedor de Volta; 3) o convertedor de Ampere.

 9.- Tralas guerras napoleónicas, o “modelo inglés” extendeuse por Europa, ata convertila na “fábrica do mundo. No s.XIX só hai dous excepcións non europeas: 1) EEUU e Xapón; 2) Canadá e Australia; 3) non hai industrialización fora de Europa.

 10.- Outro sector con revolución tecnolóxica foi o transporte terrestre coa aplicación da máquina de vapor. Aparte das vantaxes para os intercambios das novas comunicacións, o ferrocarril: 1) fomenta o investimento de capitais no tendido ferroviario; 2) a producción e a productividade siderúrxica; 3) As duas alternativas son correctas.

 11.- A nova sociedade resultante das transformacións económicas do s. XIX caracterízase por unha “revolución demográfica” a favor do descenso da tasa de mortaldade (20%0). O crecemento demográfico situábase na Europa de 1914: 1) nos 450 millóns de `persoas; 2) nos 250 millóns; 3) nos 850 millóns.

 12.- O s. XIX é o “século de ouro” da burguesía, a nova clase dominante, non identificable sen máis coas clases medias, das que se diferencia: 1) pola súa actividade comercial e financieira; 2) pola vinculación co poder político; 3) sen dúbida, as duas son correctas.

 13.- Nunha fase máis avanzada da R.I. as empresas familiares pasaron a ser sociedades anónimas ou a sociedades por accións. As razóns e vantaxes das novas formas empresariais están en : 1) financiar as grandes fábricas; 2) concentrar os riscos de inversión; 3) nengunha é válida.

 14.- As dificultades do desenvolvemento industrial en España están asociados a atrasos no sistema de comunicacións e a unha falta de demanda interna, que non compensaron os esforzos de renovación como as Reais Fábricas ou: 1) a liberalización do comercio con América ;2) a apertura do comercio coa Francia dos Borbóns ; 3) a creación de bancos nacionais.

 15.- Á falta dun mercado en España con capacidade para absorber unha producción industrial, a artesanía repartíase os distintos mercados locais. Entre as produccións rexionais salienta: 1) a lá castellana e a seda catalana; 2) o sector metalúrxico na periferia (Cantabria, Navarra e Málaga); 3) a cerámica e a ebanistería valenciana.

 16.- A industrialización catalana con todas as limitacións do restrinxido mercado español articulouse arredor do sector textil, gracias á man de obra e aos capitais procedentes da agricultura e das exportacións a América. A especialidade do sector foi: 1) a fabricación de “indianas”; 2) tecidos de lá estampados; 3) tecidos de algodón a raias.

 17.- Entre os teóricos do novo pensamento económico están os nomes de Adam Smith e de David Ricardo. O primeiro é autor de : 1) ”Sobre a riqueza das nacións”; 2) ”Sobre o equilibrio da oferta e da demanda”; 3) ”Sobre o máximo beneficio a o pleno emprego”.

 18.- A localización dos núcleos industriais estivo condicionada ás posibilidades do transporte, é dicir, á accesibilidade das materias primas e dos mercados. Así, mentras os establecementos textís procuran a proximidade das cidades, os siderúrxicos: 1 ) os saltos de auga; 2) as concas hulleiras; 3) ás zonas rurais.

 19.- Ante a nova sociedade industrial emerxente os novelistas actuaron como testemuñas e cronistas dos cambios de vida e das relacións sociais que estaban a producir a burguesía como clase dominante. Entre os escritores franceses poderíanse citar: 1) Grandet e Tabernet; 2) Lavoisier e Jenner ; 3) Balzac e Zola.

 20.- Malia as limitacións citadas no item 14, España non foi unha excepción na industrialización de Europa e incluso houbo zonas nas que a súa introducción foi precoz. Dous exemplos destas iniciativas públicas e privadas foron: 1) Orbaiceta e Novo Baztán; 2) Sargadelos e Ribacaldo; 3) Villafranca del Bierzo e Villanueva de Alcorán.

noveno test; TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS E M.O. NO S.XIX

febrero 8, 2010 de 10:30 am | Publicado en 2ª trimestre, tests con resumes | Deja un comentario

1.- Durante a R.I. os beneficios empresariais, nun contexto de competencia perfecta, pasaban por un endurecemento do traballo tradicional no campo ou nas corporacións gremiais a través :1) de xornadas semanais só con descanso dominical e de 14 horas diarias; 2) dunha disciplina de traballo colectivo propia do sistema fabril; 3) as dous son complementarias.

2.- Durante a R.I. os beneficios empresariais, nun contexto de libre competencia de numerosas e pequenas empresas, pasaban pola reducción dos custos de producción, non das inversións en máquinas, senón dos salarios, a prol dun exceso de oferta de traballo asociado: 1)a emigrantes e parados; 2)mulleres e menores de idade; 3) as dúas son válidas.

 3.- Á chamada “cuestión social”, ou extensión dos traballadores con precarios medios de subsistencia e sen cobertura social algunha, tivo como resposta o desenvolvemento de diversas iniciativas novidosas de carácter asociativo como o sindicalismo, que aspiraba: 1) á negociación reinvindicativa e as mutualidades; 2) ó desorden e á provocación a través do luddismo (destrucción de máquinas) e da folga revolucionaria; 3)as dous son correctas.

 4.- A conciencia do carácter explotador do novo modo de producción capitalista é a aportación ao pensamento socialista dun grupo de escritores cualificados polos ideólogos marxistas como utópicos: 1) por antihumanistas e autoritarios; 2) por acientíficos e falta de sentido práctico; 3) nengunha das dous é acertada.

 5.- Entre os supostos “utópicos” socialistas salientan dous teóricos do sindicalismo dos traballadores en xeral, xa que logo opostos ao corporativismo dos traballadores “cualificados”, Owen e Proudhon; éstos, son representantes respectivamente do: 1) comunismo e dos falansterios; 2) cooperativismo e do federalismo obreiro; 3) socialismo político e do liberal.

 6.- Karl Marx (1818-1883) e Engels (1820-1895), membros da Liga dos Comunistas, organización revolucionaria que tiña como obxetivo a abolición da propiedade privada redactaron no ano 1848 un opúsculo obrerista: 1 ) un caderno de queixas dos traballadores industriais; 2) un informe sobre a organización mundial do proletariado; 3) un manifesto comunista ou proclama política obreira.

 7.- As primeiras formas de organización colectiva no marco da R.I. déronse no contexto das guerras napoleónicas. A partir de 1825, en Inglaterra, coa abolición das leis antiasociativas medran as Trade-Unións (sindicalismo de oficio) que se federan en 1834 nunha Grande Unión de Traballadores. Esta evolución reflicte un movemento obreiro de vocación: 1) rupturista e radical; 2) reformista; 3) revolucionario.

 8.- A consolidación do movemento sindical inglés posibilitou un movemento político que intenta a ampliación dos dereitos de voto aos non propietarios para acadar os cambios na lexislación laboral. Tal proxecto que desembocaría co tempo na constitución do Labour Party coñécese como: 1) laborismo; 2) cartismo; 3) posibilismo.

 9.- Xunto ós sindicatos reformistas non faltaron en Europa e nos EEUU os que adouptaron posicións revolucionarias e que tiñan como arma básica da súa loita reinvindicativa: 1) o absentismo laboral; 2) o “lock out” ou peche da fábrica; 2) a folga xeral.

 10.- En 1864 fúndase a Asociación Internacional de Traballadores (AIT) co obxetivo de informar e coordinar ás distintas seccións nacionais membros e coa aspiración última da emancipación da clase obreira. A represión legal desta organización intensificouse a raíz: 1) da guerra franco-prusiana de 1870 e da Comuna de París (1871); 2) da aceleración democrática de 1868; 3) da crise económica de 1873 e das migracións as que deu lugar.

 11.- Ás presións externas que experiementou a I Internacional, súmanse os enfrontamentos internos entre marxistas e anarquistas polas funcións do Consello Xeral, que levarían a súa disolución en 1876. As sedes de d ito órgano central foron:1) Londres e Nova York; 2) París e Filadelfia; 3) Londres e A Haia.

 12.- Autodenomínase “socialismo científico” ó pensamento de Marx no que refire á súa crítica ó modo de producción capitalista. Dito socialismo forma parte dunha interpretación da Historia baseada na dialéctica entre factores e relacións de producción. Nunha interpretación máis humanista, na loita de clases entre: 1) propietarios de medios de producción e forza de traballo; 2) burguesía e proletariado; 3) as dous son válidas.

 13.- No concepto de loita de clases como motor da Historia a fase final está representada pola derrota da burguesía e o establecemento dunha dictadura do proletariado como fórmula política da nova sociedade socialista. O final da Historia o constitue, sen embargo, o comunismo, é dicir: 1) unha sociedade non clasista; 2) sen goberno; 3) as dous son válidas.

 14.- No concepto dialéctico da Historia entre relacións sociais estáticas e forzas productivas dinámicas, a revolución escapa das posibilidades do voluntarismo limitándose o activismo obreiro á procura de melloras políticas e laborais democráticas dende os partidos autodenominados: 1) socialdemócratas; 2 )socialistas; 3) comunistas.

 15.- Os anarquistas diferían dos marxistas polo feito de rexeitaren a autoridade (Estado, Igrexa, partidos, líderes, etc). Nas derradeiras décadas do s.XIX dentro da tendencia anarquista existían varias tendencias: 1) anarcosindicalistas e anarcocomunistas; 2) maxisterio libertario e terrorismo de propaganda polo feito; 3) as dous son correctas.

 16.- Algúns pensadores libertarios influiron poderosamente no movemento obreiro. Entre eles, os rusos Bakunin e Kropotkin, os españois Urales e Mella e o italiano Malatesta: Para este último, autor de folletos como “No café” e “Entre campesiños”, a Anarquía é sinónimo de: 1) dun pacto libre entre iguais e dun sen governo dirixido ó benestar de todos; 2) dunha sociedade de amigos; 3) as dous son correctas.

 17.- O atraso na industrialización española explica que os movementos de asociación e loita obreira aparecesen con certo retraso respecto de europa, arredor da revolución de 1868 que puxo fin ó reinado de Isabel II. O Congreso da Federación Rexional Española (Barcelona, 1870) evidencia unha maior influencia no obrerismo peninsular do :1) anarquismo; 2) marxismo; 3) nengunha das dúas.

 18.- Intentos revolucionarios nun periodo de tanta inestabilidade política como o da I República levaron a ésta a proclamar a inconstitucionalidade da Internacional. A represión continuaría na Monarquía Restaurada ata a chegada do Governo de Sagasta en 1881 cunha lexislación de asociación máis permisiva que favoreceu a aparición da: 1) FTRE; 2) FETE; 3) FRE da I Internacional.

19.- O movemento obreiro español defendeu maioritariamente unha posición moderada en canto á colectivización, que non se lle tivo en conta guvernamentalmente cando apareceron grupos extremistas como a Man Negra, que dirixía a súa propaganda: 1) ó campesiñado andaluz; 2) ó proletariado vasco; 3) ós sectores populares en xeral.

20.- A escalada terrorista de afirmación anarquista de finais do s.XIX, autoxustificado na dura represión e na falta de libertades públicas, culminou en 1897 co magnicidio de Antonio Cánovas, Primeiro Ministro de: 1) Alfonso XII; 2) da Rexente Mª Cristina; 3) Alfonso XIII.

Blog de WordPress.com.
Entries y comentarios feeds.