Sexto test: REVOLUCIÓNS NACIONAIS E DEMOCRÁTICAS

diciembre 7, 2009 en 10:43 am | Publicado en 2ª trimestre, tests con resumes | 1 comentario

REVOLUCIÓNS NACIONAIS E DEMOCRÁTICAS

1.- As revolucións nacionais e democráticas” constitúe o epígrafe que mellor define os núcleos temáticos que caracterizan as transformacións políticas do s.XIX. O século comenzara coa orde imposta por Napoleón. A súa derrota militar en Waterloo (1815) significou o fracaso de toda a súa construcción política, que relacionamos: 1) coa Comuna de París; 2) co Congreso de Viena; 3) coa Conferencia de Berlín.

2.- O triunfo temporal do absolutismo ou a restauración das casas reinantes desposuidas por Napoleón xustificouse ideolóxicamente no principio: 1) de soberanía nacional; 2) de soberanía popular; 3) de lexitimidade dinástica.

3.- A nova organización territorial europea que xurde en 1815, creada para reprimir os principios liberais, frustraba as aspiracións nacionalistas dos pobos europeos co mantenemento dos antigos imperios austríaco, ruso e otomano. Para consolidala pactouse unha coalición militar coñecida como: 1) Pactos de Familia; 2 Santa Alianza; 3) Fillos de San Luís.

4.- O nacionalismo, rerforzado polo romanticismo, afirmaba o dereito dos pobos ao seu propio destino e a posuir un Estado de seu, o que xustificaba un espíritu de nacionalidade que non pode ser obra de individuos, como de feito tampoco o é :1) a lingoa; 2) a cultura e as tradicións; 3) as dous son correctas.

5.- Derrotado Napoleón, os liberais europeos acharon como modelo á Monarquía inglesa, baseada na separación de poderes e no sufraxio censitario. Máis radicais, os demócratas defendían, xunto ó sufraxio universal: 1) a República; 2) a Monarquía parlamentaria; 3) as sociedades secretas.

6.- A primeira vaga revolucionaria na que confluiron liberais e nacionalistas produciuse en 1820. Moitas destas experiencias foron esmagadas pola forza militar dos exércitos absolutistas. Houbo unha excepción: 1) España; 2) Rusia; 3) Grecia.

 7.- A Restauración borbónica en Francia, primeiro con Luís XVIII e logo con Carlos X, comenzou a cuestionarse tanto polo malestar político como polo económico que producían: 1) a Carta Outorgada e a crise agrícola de 1825; 2) as xornadas de xullo de 1830; 3) a abdicación de Carlos X en Luís Filipe de Orleáns).

 8.- O triunfo dunha Monarquía Parlamentaria na Francia de 1830 serviu de estímulo dunha nova vaga revolucionaria que, aínda que só tivo éxito en Bélxica coa instauración da Monarquía Constitucional de Leopoldo I, se extendeu por: 1) Alemaña; 2) Rusia; 3) Austria.

 9.- A seguinte onda revolucionaria, a de 1848, tamén encetou en Francia. Estivo precedida por crises de subsistencia e do malestar político que provocaba o sufraxio restrinxido. A proclamación da II República proclamou a extensión do voto sen outro límite que: 1) a idade; 2) o voto femenino; 3) as dous son correctas.

 10.- Tamén a República francesa foi exemplar aos ollos dos revolucionarios contemporáneos, extendendose o modelo como regueiro de pólvora polas principais capitais europeas. O éxito inicial deste movemento foi celebrado eufóricamente como: 1) a “primavera dos pobos ;2) ”o tempo das barricadas” ;3) ”a Revolución Gloriosa”.

 11.- O triunfo dos republicanos moderados e a derrota do pobo de París en xuño de 1848, supuxo unha viraxe a favor da reacción no resto de Europa. As tres capitais do Imperio austríaco caen unha detrás da outra; nos referimos a: 1) Viena, Praga e Berlín; 2) Viena, Budapest e Milán; 3) Praga, Viena e Budapest.

 12.- G. Mazzini , patriota italiano, participou en tódalas vagas revolucionarias da 1ª ½ do s.XIX. Autor do Manifiesto de Marsella de 1831 e do opúsculo “Italia, Austria e o Papa” de 1845, nas que defende as súas ideas republicanas e democráticas, é ademáis o líder: 1) da “Nova Italia” e da “República romana”; 2) da “Xove Italia” e da “República italiana”; 3) do “Rexurdimento” e da “República unitaria”.

 13.- A. Humboldt, pioneiro da moderna xeografía, autor de Cosmos, obra de divulgación científica, foi un viaxeiro notable que percorreu as posesións españolas de América e Rusia. En Berlín foi entusiasta testemuña da revolución de 1848 o que lle valeu: 1) a Lexión de Honor; 2) ser candidato do Parlamento de Franfort; 3) ser nomeado Rector de Universidade.

14.- No Congreso de Viena os 38 Estados alemáns, xunto con Prusia, foron integrados nunha Confederación Xermánica baixo a tutela de Austria. Pola súa parte, Italia aparecía menos fragmentada, pero sen nengunha estructura integradora; aquí, o protagonismo principal era compartido por: 1) Borbóns e Papado; 2) Papado e Savoia ;3) Entre os 3 mencionados.

15.- O fracaso da revolución de 1848 nos Estados alemáns abriu a vía conservadora, a unificación baixo a hexemonía da monarquía prusiana, como aposta da burguesía, principal beneficiada polo Zollverein de 1834, é dicir: 1)pola unión económica do comercio alemán; 2) pola Confederación dos alemáns protestantes; 3) pola unión da Prusia oriental e Occidental.

 

16.- En Italia, trala conversión de Piamonte nunha Monarquía parlamentaria, o liderazgo no proceso de unificación foi compartido pola diplomacia de Savoia e a praxe insurreccional dos “camisas bermellas” no Reino de Nápoles e Sicilia de: 1) Victor Manuel; 2) Cavour; 3) Garibaldi.

17.- A unificación de Alemania e Italia entrecrúzanse en 1866 coa guerra austroprusiana e en 1870 coa guerra francoprusiana que obrigou a repatriar as tropas francesas que protexían os Estados Pontificios. Para Italia significaba: 1) completar a territorialidade; 2 ) ter unha capitalidade estable; 3) nengunha novidade.

18.- Fronte o proxecto unificador de Prusia exclusivamente belicista, o programa de Piamonte alternaba guerra e diplomacia. Gracias a ésta última déronse: 1) incorporacións por plebiscitos como o de Toscana; 2) intercambios territoriais con Austria; 3) compras territoriais a Francia.

 19.- Otto von Bismarck, embaixador en Rusia e Francia, foi o primeiro ministro de Guillermo I de Prusia desde 1862. O autoritarismo das súas políticas interior e exterior valeulle o alcume de: 1) ”Chanceller de ferro”; 2) ”Herr Barón”;3) ”Herr Sarxento.

 20.- Nun proceso de 30 anos a maioría das colonias españolas e portuguesas en América independizáronse das metrópoles. Aparte das influencias da Ilustración e da Revolución americana das colonias inglesas, hai que salientar o desexo de emancipación económica dos: 1) indios; 2 ) gachupins; 3) crioullos.

 

RESUMO

As revolucións nacionais e democráticas” constitúe o epígrafe que mellor define os núcleos temáticos que caracterizan as transformacións políticas do s.XIX. En efecto, o século comenzara coa nova orde imposta por Napoleón; a súa derrota militar en Waterloo (1815) significou o fracaso de toda a súa construcción política, que relacionamos co Congreso de Viena. O triunfo temporal do absolutismo ou a restauración das casas reinantes desposuidas por Napoleón xustificouse ideolóxicamente no principio de lexitimidade dinástica. A nova organización territorial europea que xurde en 1815, creada para reprimir os principios liberais, frustrou igoalmente as aspiracións nacionalistas dos pobos europeos co mantenemento dos antigos imperios austríaco, ruso e otomano. Para consolidala pactouse unha coalición militar coñecida como Santa Alianza.

Derrotado Napoleón, os liberais europeos adoptaron como modelo do seu ideal de Estado á Monarquía inglesa, baseada na separación de poderes e no sufraxio censitario; sen embargo, os máis radicais, os demócratas defendían, xunto ó sufraxio universal, a República como forma de goberno. Pola súa parte, o nacionalismo, rerforzado polo movemento cultural romántico, afirmaba o dereito dos pobos a decidir o seu destino e a posuir un Estado de seu, o que se xustificaba nun espíritu de nacionalidade que non podía ser obra de individuos, como de feito tampoco o son os elementos que conforman o seu acervo cultural, as súas tradicións e principalmente, a súa lingoa

 

A primeira vaga revolucionaria na que confluiron liberais e nacionalistas produciuse en 1820, malia que moitas destas experiencias (Grecia, Rusia) foron esmagadas pola forza militar dos exércitos absolutistas, destacando por iso a excepción española e a súa influencia en Portugal. A consolidación dos novos reximes liberais peninsulares acelerou o proceso que levaría en 30 anos á maioría das colonias españolas e portuguesas en América a independizarse das metrópoles; a parte das influencias da Ilustración e da Revolución americana das colonias inglesas, hai que salientar o desexo de emancipación económica dos criollos.

A Restauración borbónica en Francia, encarnada primeiro en Luís XVIII e logo en Carlos X, comenzou a cuestionarse tanto polo malestar político como polo económico especialmente coas Xornadas de xullo de 1830. Deste xeito o triunfo da Monarquía Parlamentaria en Francia servirá de estímulo dunha nova vaga revolucionaria que, aínda que só tivo éxito en Bélxica coa instauración da Monarquía Constitucional de Leopoldo I, se extendeu por Alemaña.

A seguinte onda revolucionaria, a de 1848, tamén encetou en Francia precedida por crises de subsistencia e do malestar político que xeraba o carácter restrinxido do sufraxio; finalmente, a instauración da II República proclamou a extensión do voto sen outro límite que a idade e o voto femenino. Como antes a Monarquía, tamén a República francesa foi exemplarizante aos ollos dos revolucionarios contemporáneos, extendendose o modelo como regueiro de pólvora polas principais capitais europeas; o éxito inicial deste movemento foi celebrado eufóricamente como a “primavera dos pobos”. O triunfo dos republicanos moderados e a derrota do pobo de París en xuño de 1848, supuxo unha viraxe a favor da reacción no resto de Europa e así as tres capitais do Imperio austríaco caen unha detrás da outra; nos referimos a Praga, Viena e Budapest. Unha referencia persoal do idealismo revolucionario o representa A. Humboldt, pioneiro da moderna xeografía como autor de Cosmos, obra de divulgación científica, e como notable viaxeiro que percorreu as posesións españolas de América ou Rusia, e entusiasta testemuña da revolución de 1848 en Berlín, o que lle valeu ser candidato do Parlamento de Franfort.

 

No Congreso de Viena os 38 Estados alemáns, xunto con Prusia, foron integrados nunha Confederación Xermánica baixo a tutela de Austria; pola súa parte, Italia aparecía menos fragmentada, pero sen nengunha estructura integradora; aquí de inicio, o protagonismo principal era compartido polo Papado e Savoia. Sen embargo, Giusseppe Mazzini, patriota italiano, protagonista de tódalas vagas revolucionarias da 1ª ½ do s.XIX, autor do “Manifiesto de Marsellade 1831, e en 1845 do opúsculo “Italia, Austria e o Papa” no que defendía as súas ideas republicanas e democráticas como líder da “Xove Italia” e da “República italiana”. En Italia, trala conversión de Piamonte na Monarquía parlamentaria de Victor Manuel I, o liderazgo no proceso de unificación foi compartido tanto pola diplomacia da Casa Savoia (Camilo Benso, Conde Cavour), como pola praxe insurreccional dos “camisas bermellas” de Garibaldi no Reino de Nápoles e Sicilia.

O fracaso da revolución de 1848 nos Estados alemáns abriu a vía conservadora; é dicir, a unificación baixo a hexemonía da monarquía prusiana, unha aposta da burguesía, principal beneficiada polo Zollverein de 1834, é dicir pola unión económica do comercio alemán. A unificación de Alemania e Italia entrecrúzanse en 1866 coa guerra austroprusiana e en 1870 coa guerra francoprusiana que obrigou a repatriar as tropas francesas que protexían os Estados Pontificios. Para Italia significaba completar a territorialidade e dispoñer dunha capitalidade estable. Finalmente, fronte o proxecto unificador e exclusivamente belicista da Prusia de Otto von Bismarck, embaixador en Rusia e Francia, e desde 1862 ministro de Guillermo I de Prusia, de cuxo autoritarismo na política interior e exterior dan fe o seu alcume de “Chanceller de ferro”, o programa de Piamonte alternaba guerra e diplomacia. Grazas a ésta última déronse incorporacións por plebiscitos como o de Toscana.

Anuncios

Relación de acontecementos: S.XIX (1ªmetade)

diciembre 3, 2009 en 5:53 pm | Publicado en 1ª trimestre, Relacion de acontecementos | Deja un comentario

RELACIÓN DE ACONTECEMENTOS:

1776.- Declaración de Independencia dos EUA (II Congreso de Filadelfia).

1787.- Constitución dos EUA. Parlamento de Notables de París.

1789.- Inicio da Revolución francesa (Estados Xerais, Asemblea Nacional, Toma da Bastilla, Gran Medo, Declaración de dereitos do Home e do Cidadán).

1791.- Constitución de 1791: Francia, Monarquía parlamentaria.

1793.- Constitución de 1793: Francia, República democrática.

1795.- Reacción termidoriana: Directorio e Constitución de 1795. Tratado de Basilea.

1796.- Tratado de San Ildefonso (4º Pacto de Familia).

1797.- Decreto de libre comercio de las colonias.

1799.- Consulado de Napoleón.

1804.- Napoleón Emperador.

1805.- Batalla de Trafalgar.

1807.- Tratado de Tilsit (contexto das Guerras napoleónicas). Tratado de Fointanebleau (contexto do Bloqueo de Inglaterra).

1808.- Motín de Aranxúez. Guerra de Independencia. Asemblea de Baiona. Xosé I Bonaparte.

1812.- Constitución de 1812.

1813.- Tratado de Valençay (recoñecemento de Fernando VII como rei de España).

1814.- Fin das Guerras Napoleónicas. Retorno de Fernando VII (Manifesto dos Persas e abolición do labor lexislativo de Cádiz).

1815.- Imperio dos 100 días (“Constitución benxamina”). Luís XVIII, rei de Francia. Congreso de Viena. Pronunciamento de Juan Díaz Porlier.

1820.- Pronunciamento de Riego (restauración da Constitución de 1812).

1822.- Congreso de Verona. Abolición temporal da Inquisición española.

1823.- A invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís (Década neoabsolutista de Fernando VII, a “década ominosa”).

1824.-Carlos X rei de Francia. Perda definitiva do Imperio colonial español (recoñecemento británico e Declaración Monroe). Calomarde, Ministro de Xusticia e formación das Xuntas da Fe (represión antiliberal).

1829.- Código de comercio español.

1830.-. Segunda Revolución francesa: Monarquía de Luís Felipe de Orleáns. Independencia de Grecia e Bélxica. Pragmática Sanción (abolición da Lei Sálica en España).

1831.- Creación da Bolsa de Madrid.

1833.- Morte de Fernando VII. Rexencia de Mª Cristina Dos Sicilias.Inicio da Guerra dos Sete Anos (carlista-isabelina). Nova división provincial de Javier de Burgos (actualmente vixente).

1834.- Promulgación do Estatuto Real. Martínez de la Rosa. Trade Unións (unificación sindical inglesa). Unión alfandegaria de Alemaña.

1836.- Desamortización eclesiástica de Mendizábal. Motín de San Ildefonso da Granxa.

1837.- Constitución española de 1837. Victoria, reina de Inglaterra

1838.- Nacemento do cartismo en Gran Bretaña.

1839.- Guerra do opio en China.Aperta de Vergara. Fin da I Guerra carlista.

1840.- Rexencia de Baldomero Espartero.

1841.- Desamortización civil de Espartero

1844.- Isabel II, reina de España. Ramón Mª Narváez, Presidente de Goberno.

1845.- Constitución española de 1845.

1848.- Revolucións liberais-democráticas en Euriopa. Manifesto Comunista de Carlos Marx.

Relación de acontecementos: S.XVIII

diciembre 3, 2009 en 5:48 pm | Publicado en 1ª trimestre, Relacion de acontecementos | Deja un comentario

RELACIÓN DE ACONTECEMENTOS:

1700.- Testamento de Carlos II. Fin da dinastía dos Austrias na Monarquía hispánica

1707.- Decretos de Nova Planta de Aragón e Valencia.

1711.- Archiduque Carlos de Austria, Emperador de Alemaña (Carlos VI).

1713.- Tratado de Utrecht (Fin da Guerra de Sucesión en España)

1714.- Tratado de Rasttat.

1715.- Morte de Luís XIV

1716.- Decreto de Nova Planta de Cataluña. (Decreto de Nova Planta de Mallorca, 1715).

1719.- Batalla naval de Cabo Pessaro e caida en desgracia do abate Giulio Alberoni, ministro de Felipe V.

1724.- Luís I, fillo de Felipe V, rei de España.

1725.- Tratado de Viena, alianza hispanoaustríaca, asignado polo Barón de Ripperdá, ministro de Felipe V.

1727.- Sitio de Xibraltar.

1728.- Convenio do Pardo ou ratificación de Utrecht.

1733.- 1º Pacto de Familia no contexto da Guerra de Sucesión polaca (1733-38). José Patiño.

1739.- Carlos, fillo de Felipe V e Isabel Farnesio, rei de Nápoles como Carlos VII

1743.- 2º Pacto de Familia no contexto da Guerra de Sucesión austríaca (1743-48). José del Campillo.

1749.- Tratado de Aquisgrán. Felipe, fillo de Felipe V e Isabel Farnesio, duque de Parma.

1746.- Morte de Felipe V.

1750.- Tratado de Madrid, recuperación de Sacramento (Uruguai). Comenzo da Guerra Guaranítica.

1753.- Concordato coa Santa Sé.

1756.- Comenzo da Guerra dos Sete Anos

1759.- Morte de Fernando VI.

1761.- 3º Pacto de Familia.

1763.- Tratado de París. Fin da Guerra dos Sete Anos. Expansión británica en América e Asia a costa de Francia. Perdas españolas de Florida e Sacramento. Prusia gaña a Silesia a Austria.

1765.- Decreto de liberalización do comercio de cereais

1766.- Motín de Esquilache

1767.- Decreto de expulsión da Compañía de Xesús.

1774.- Luís XVI, rei de Francia. I Congreso de Filadelfia, comenzo do proceso de Independencia das 13 colonias inglesas en América.

1776.- Declaración de Independencia dos EUA (IICongreso de Filadelfia).

1778.- Decreto de liberalización do comercio con América

1782.- Decretos de creación do Banco de San Carlos e da Rede de Camiños Reais.

1783.- Tratados de París (recoñecemento británico da Independencia dos EUA) e de Versalles (recuperación de Florida e Menorca, non de Xibraltar).José de Gálvez

1787.- Constitución dos EUA. Parlamento de Notables en París. Proxecto de Campomanes e Olavides de repoboación de Serra Morena

1788.- Morte de Carlos III.

Quinto test: CRISE DO A.R. E REVOLUCIÓNS ATLÁNTICAS

diciembre 3, 2009 en 5:42 pm | Publicado en 1ª trimestre, tests con resumes | Deja un comentario

CRISE DO A.R. E REVOLUCIÓNS ATLÁNTICAS

 

1.- A sociedade do Antigo Réxime caracterizábase pola desigualdade dos seus membros perante a lei e a existencia de privilexiados que :1) non facían o servicio militar; 2) non pagaban impostos; 3) non obedecían ós seus superiores.

2.- Os intelectuais liberais e ilustrados opinaban que era posible organizar unha sociedade máis xusta e libre. A lei, se restrinxía a liberdade, evitaba os abusos. Por isto mesmo, a súa elaboración debería correr a cargo :1) de tódolos homes que teñen que obedecelas ;2) do chamado poder lexislativo en nome da soberanía da nación; 3) As duas respostas son correctas.

 3.- Os principais teóricos do pensamento ilustrado foron Montesquieu e Rousseau, mais a súa influencia veu determinada pola significativa socialización das ideas da época a través :1) da prensa clan destina; 2) da Enciclopedia; 3) das Academias de Diderot e D´Alembert.

 4.- De acordo co pensamento liberal (Smith, Ricardo), a actividade económica debería rexerse polo principio natural da libre competencia, a todas luces incompatible :1) cos salarios fixados segundo as tendencias do mercado; 2) con impostos elevados ;3) coa libre circulación de mercadorías.

 5.- O primeiro territorio onde se aplicaron os principios liberais foron as colonias inglesas de América do Norte. No ano de 1776, clave deste proceso, proclamouse : 1) a Declaración de Dereitos de Virxinia; 2) a Declaración de Independencia polo Congreso de Filadelfia; 3) As duas alternativas son correctas.

 6.- En 1787 redactouse a Constitución dos Estados Unidos de América que ao tempo que establecía un governo republicano con división de poderes, protexía dereitos individuais como: 1) o dereito a queixarse; 2) o dereito á propiedade; 3) o dereito a decidir sobre a propia vida.

 7.- En 1789 iniciouse en París un proceso revolucionario que tivo gran repercusión porque Francia era a monarquía máis poderosa do continente europeo. A dinastía reinante dos Borbóns estaba encarnada neses anos por:1) Luís XIV; 2) Luís XVI; 3) Luís XVIII.

 8.- Ante a crise económica que estaba a sufrir a facenda pública, o monarca francés convocou os Estados Xerais como asemblea consultiva. Os escritos liberais levaron aos representantes do “Terceiro Estado” a constituirse en: 1) Asemblea Nacional; 2) Convención Nacional; 3) Parlamento Nacional.

 9.- Nos anos 1792, 1793 e 1794 sucedéronse e por esta orde: 1) a Convención xirondina, a Convención termidoriana e a Convención xacobita; 2) a Convención termidoriana, a Convención xacobita e a Convención xirondina ;3) a Convención xirondina, a Convención montañesa e a Convención termidoriana.

 10.- A personalidade clave de Napoleón Bonaparte ao amparo da Revolución está ligada nos anos 1795, 1799 e 1804: 1) a Directorio, Consulado e Imperio; 2) a Consulado, Directorio e Imperio; 3) a Directorio, Imperio e Consulado.

 11.- Mentras se iniciaba a transformación xurídica de Francia en xullo de 1789, o mito do complot aristocrático e a falta de alimentos provocaba motíns populares en París que culminaron :1) coa toma da Bastilla; 2) coa fuxida do rei (Varennes); 3) coa invención da guillotina.

 12.- A insurrección do campo ese mesmo mes de xullo de 1789 concretouse coa destrución de patrimonio aristocrático e a queima de rexistros da propiedade que afectaban igualmente á alta burguesia. Este “gran medo” favoreceu a abolición da propiedade señorial e a :1) Declaración de Dereitos de Versalles; 2) Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán; 3) Declaración Universal de Dereitos do Home.

 13.- Entre os decretos de abolición do feudalismo no verán 1789 e a Constitución de 1791, cabe sinalar outras iniciativas legais como a Constitución civil do Clero, equivalente :1) á separación da Igrexa do Estado; 2) á solución definitiva da cuestión relixiosa; 3) á igualación do ensino relixioso e estatal.

 14.- Trala frustrada fuxida do rei proclamouse a declaración de guerra das Cortes europeas contra a Francia revolucionaria, governada neses anos polos xirondinos, grupo político caracterizado:1) pola súa ideoloxía moderada; 2 pola súa procedencia da rexión de Burdeos; 3) As dúas respostas poden ser correctas.

 15.- A execución do rei e a instauración da República radicalizaron a revolución liderada a partires dese momento polos xacobinos, grupo político caracterizado: 1) polos seus proxectos pacifistas e de fraternidade europea; 2) pola súa política de equilibrada represión; 3 )polo seu programa igualitarista.

 16.- A finais do século XVIII reinaba en España Carlos IV, mais quen governaba de feito era o seu valido: 1) Jovellanos; 2) Godoy; 3) Floridablanca.

 17.- As negociacións entre o “Príncipe de la Paz” e Napoleón para repartiren Portugal ocasionaron a entrada dos exércitos franceses na P.I. A primeira manifestación contra esta política foi :1) o levantamento popular do 2 de maio; 2) o exilio da familia real; 3) o motín de Aranjuez.

 18.- A extensión do levantamento por todo o territorio español é un fenómeno aparellado á designación como monarca español do irmá de Napoleón:1) Xosé I; 2) Luís II; 3)J erónimo III.

 19.- A coordinación desde unha Xunta Central das xuntas locais que dirixían a insurrección permiteu a convocatoria dunha reunión das Cortes en Cádiz, que tras dous anos de deliberación aprobou a primeira Constitución liberal española. Corría o ano:1) 1808; 2) 1812; 3) 1814.

 20.- Despois da derrota do exército francés en Bailén (1808), a superioridade das forzas de Napoleón só permitía a estratexia de desgaste dunha “guerra de guerrillas”. O comezo das campañas contra Rusia en 1812 permitirá recuperar a iniciativa co apoio inglés e o éxito de batallas como:1) Os Arapiles e Vitoria; 2) Pontesampaio e Elviña; 3) Ocaña e Talavera.

 

 

RESUMO

A sociedade do Antigo Réxime caracterizábase pola desigualdade dos seus membros perante a lei e a existencia de privilexiados que non pagaban impostos. Pola súa parte, os intelectuais liberais e ilustrados opinaban que era posible organizar unha sociedade máis xusta e libre, na que a lei, principio abstracto do poder, se restrinxía a liberdade, evitaba tamén os abusos, a arbitrariedade; por isto mesmo, a súa elaboración debería correr a cargo de tódolos homes que teñen que obedecelas; é dicir, do chamado poder lexislativo en nome da soberanía da nación.

Os principais teóricos do pensamento político ilustrado foron Montesquieu e Rousseau, mais a súa influencia veu determinada pola significativa socialización das ideas da época a través da Enciclopedia (cfr., Diderot e D´Alembert). Paralelamente e dacordo co pensamento liberal (Smith, Ricardo), a actividade económica debería rexerse polo principio natural da libre competencia, a todas luces compatible coa libre circulación de mercadorías.

O primeiro territorio onde se aplicaron os principios liberais foron as colonias inglesas de América do Norte. No ano de 1776, clave deste proceso, proclamouse a Declaración de Independencia polo Congreso de Filadelfia e en 1787 redactouse a Constitución dos Estados Unidos de América que ao tempo que establecía un governo republicano con división de poderes, protexía dereitos individuais .

 

Tan só dous anos despois, en 1789 iniciouse en París un proceso revolucionario que tivo gran repercusión porque Francia era a monarquía máis poderosa do continente europeo; a dinastía reinante dos Borbóns estaba encarnada neses anos por Luís XVI. Ante a crise económica que estaba a sufrir a facenda pública e a fame provocada polas malas colleitas, o monarca francés convocou primeiro un Parlamento de Notables en París e trala “rebelión aristocrática” os Estados Xerais como asemblea consultiva ata que a súa incapacidade resolutiva levou aos  representantes do “Terceiro Estado” a constituirse en Asemblea Nacional. Nos anos 1792, 1793 e 1794 sucedéronse e por esta orde unha Convención xirondina, unha Convención montañesa e a Convención termidoriana. Nesta progresiva moderación da Revolución e ao amparo da mesma a personalidade clave de Napoleón Bonaparte está ligada nos anos 1795, 1799 e 1804 ao Directorio, ao Consulado e ao Imperio

Profundizando un poco máis no siñificado do fenómeno da Revolución francesa salientamos como unha vez iniciada a transformación xurídica de Francia, o mito do complot aristocrático e a falta de alimentos provoca en xullo de 1789 motíns populares en París que culminarían coa toma da Bastilla. A insurrección do campo ese mesmo mes de xullo concretouse coa destrución de patrimonio nobiliario e a queima de rexistros da propiedade que afectaban igualmente á alta burguesia; o “Gran Medo”como historiográficamente é coñecida motivará á Asemblea Nacional á abolición a propiedade señorial e a : redactar unha Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán. Entre os decretos de abolición do feudalismo no verán 1789 e a Constitución de 1791, cabe sinalar outras iniciativas legais como a Constitución civil do Clero, equivalente á unha separación da Igrexa do Estado. Trala frustrada fuxida do rei proclamouse a declaración de guerra das Cortes europeas contra a Francia revolucionaria, governada neses anos polos “xirondinos”, grupo político caracterizado pola súa ideoloxía moderada e pola súa procedencia da rexión de Burdeos. A execución do rei e a instauración da República tralo episodio coñecido como “a fuxida de Varennes”, radicalizaron a revolución (“O Terror”) liderada a partires dese momento polos “xacobinos”, grupo político caracterizado polo seu programa igualitarista.

 

Cambiando de escenario, na Monarquía hispánica finais do século XVIII reinaba nominalmente Carlos IV, mais quen governaba de feito era o seu valido Godoy, que sustituira ao Conde de Floridablanca. As negociacións entre o “Príncipe de la Paz” (título aparentemente desproporcionado para un plebeio como Godoy, concedido polo monarca trala Paz de Basilea) e Napoleón para repartiren Portugal, ocasionaron a entrada dos exércitos franceses na P.I. A reacción contra esta política foi o motín de Aranjuez e finalmente, o levantamento popular do 2 de maio. A extensión do levantamento por todo o territorio español é un fenómeno aparellado á designación como monarca español do irmá de Napoleón, Xosé I. A coordinación desde unha Xunta Suprema Central das xuntas locais que dirixían a insurrección permiteu co alargamento do conflicto bélico da convocatoria dunha reunión das Cortes en Cádiz, que tras dous anos de deliberación aprobou a primeira Constitución liberal española; corría o ano 1812. Despois da derrota do exército francés en Bailén (1808), a superioridade das forzas de Napoleón só permitía a estratexia de desgaste dunha “guerra de guerrillas”. O comezo das campañas contra Rusia en 1812 favoreceu recuperar a iniciativa co apoio lusoinglés e o éxito de batallas como Arapiles e Vitoria.

Blog de WordPress.com.
Entries y comentarios feeds.