A MASONERÍA

noviembre 16, 2009 de 9:25 pm | Publicado en 1ª trimestre, A mesoneria; AyC | Deja un comentario
 PLANTA DE ANÁLISE E COMENTARIO DE TEXTO HISTÓRICOTEXTO PROPOSTO: “A MASONERÍA”

A masonería é un dos fenómenos máis interesantes e significativos da época da Ilustración. Tratábase dunha sociedade secreta que tiña grupos en varios países de Europa, chamados loxias e á que pertenceron persoas moi importantes da súa época, científicos, filósofos, músicos e tamén reis. Esta organización tiña a súa orixe nos gremios de canteiros e arquitectos da Idade media, que conservaban celosamente segredos do seu oficio; no ano 1717, catro destes gremios que aínda existían en Londres agrupáronse nunha sociedade filosófica que pronto se espallou por toda a Europa ilustrada.

Os masóns pretendían mellora-las costumes e a sociedade a través dunha nova mentalidade baseada na razón, na igualdade e na liberdade…Os masóns rexeitaban a relixión tradicional e crían nun Deus universal, común a tódalas relixións, que chamaban “O Grande Arquitecto do Mundo”

 

CLASIFICACIÓN.-
HISTÓRICO   HISTORIOGRÁFICO  x Polo afastamento do autor ou non, respecto dos feitos narrados
PÚBLICO  x PRIVADO   Pola condición ou non, de político ou intelectual do autor
TEMÁTICA.-
POLÍTICA   ECONÓMICA   SOCIAL  x OUTRAS  
Citas que xustifican a temática do documento.-  ” Tratábase dunha sociedade secreta”, “á que pertenceron persoas”,”agrupáronse nunha sociedade filosófica”….
COORDENADAS TEMPORAIS.–  comezos do S.XVIII (no texto dicese en 1717) COORDENADAS ESPACIAIS.- Europa
AUTOR INDIVIDUAL  X AUTOR COLECTIVO   AUTOR INSTITUCIONAL  
IDENTIDADE DO AUTOR.-  Descoñecido
IDEAS PRINCIPAIS (convertidas en titulares alternativos ao do propio documento):   1ª paragrafo; “A masonería é un dos fenómenos máis interesantes e significativos da época da Ilustración.” Poñeriamos de título : “Un dos fenomenos máis interesantes e significativos da época da Ilustración.”2ª paragrafo; “Os masóns pretendían mellora-las costumes e a sociedade a través dunha nova mentalidade baseada na razón, na igualdade e na liberdade…”. Poñeriamos de título: “Unha nova mentalidade baseada na razón, na igualdade e na liberdade”
ANÁLISE DO TEXTO (Subraiado do texto proposto con anotacións marxinais).-    -1ª paragrafo; liñas 1-3; “A masonería é un dos fenómenos máis interesantes e significativos da época da Ilustración-1ª paragrafo; liñas 3-4; “Tratábase dunha sociedade secreta que tiña grupos en varios países de Europa.”

-1ª paragrafo; liñas 5-6: ” …pertenceron persoas moi importantes da súa época, científicos, filósofos, músicos e tamén reis.”

-2ª paragrafo; liñas 1-4; “Os masóns pretendían mellora-las costumes e a sociedade a través dunha nova mentalidade baseada na razón, na igualdade e na liberdade…”

COMENTARIO EXTERNO (Suxire posibeis temas. Elabora un indice y cita fonte de información ).-
Anuncios

DOCUMENTOS PARA ANÁLISE E COMENTARIO DE TEXTO

noviembre 16, 2009 de 8:46 pm | Publicado en 1ª trimestre, Documentos para AyC | Deja un comentario

 

A PROSPERIDADE DA IDADE MODERNA.

Se se len tódalas crónicas non se encontrará, despois do nacemento de Cristo, nada que poida compararse co que se produciu entre nós nos últimos cen anos. ¡Nunca en ningún páis se viron tantas construccións, tantos cultivos!. Nunca tanta posibilidade de beber, nunca alimentos tan abondantes e delicados ao alcance de tanta xente. Os traxes son tan ricos que non poderían selos máis. ¿Quén oiu falar nunca dun comercio coma o de hoxe?. Dá a volta ao mundo, abrangue a terra enteira. A pintura, o grabado, tódalas artes progresaron e progresan aínda. Ademáis, hai entre nós persoas tan hábiles e sabias que o seu espíritu todo o penetra, de xeito que un mozo de vinte anos sabe de todo isto máis do que sabían vinte doutores noutros tempos.                   LUTERO, 1520 

A CONTRARREFORMA

A resposta da Igrexa católica ao protestantismo produciuse no Concilio de Trento (1545-1563). Nel reafirmáronse os dogmas atacados polos reformados, o valor da tradición e non só das Escrituras, a importancia dos sacramentos, a autoridade do Papa por encima dos concilios, o control da Igrexa sobre a Biblia, que non se debía traducir ás diferentes linguas. Estableceuse o Indice dos libros prohibidos e mellorouse a disciplina ecle-siástica e a formación do clero. Roma preparouse así para facer fronte á Reforma.

A segunda metade do século protestantes e católicos embarcánse nunha loita aberta polo poder e as conciencias, na que os calvinistas e os xesuítas, orde creada agora, representaron un papel fundamental na reforma e na contrarreforma, respectivamente.

A MASONERÍA

A masonería é un dos fenómenos máis interesantes e significativos da época da Ilustración. Tratábase dunha sociedade secreta que tiña grupos en varios países de Europa, chamados loxias e á que pertenceron persoas moi importantes da súa época, científicos, filósofos, músicos e tamén reis. Esta organización tiña a súa orixe nos gremios de canteiros e arquitectos da Idade media, que conservaban celosamente segredos do seu oficio; no ano 1717, catro destes gremios que aínda existían en Londres agrupáronse nunha sociedade filosófica que pronto se espallou por toda a Europa ilustrada.

Os masóns pretendían mellora-las costumes e a sociedade a través dunha nova mentalidade baseada na razón, na igualdade e na liberdade…Os masóns rexeitaban a relixión tradicional e crían nun Deus universal, común a tódalas relixións, que chamaban “O Grande Arquitecto do Mundo”

Despotismo na monarquia hispanica

noviembre 14, 2009 de 7:50 pm | Publicado en 1ª trimestre, Otros | Deja un comentario

DESPOTISMO ILUSTRADO EN ESPAÑA

Cuarto test: HISTORIA MODERNA E CONTEMPORÁNEA (a época do barroco)

noviembre 13, 2009 de 1:14 pm | Publicado en 1ª trimestre, tests con resumes | Deja un comentario

-HISTORIA MODERNA E CONTEMPORÁNEA

 A ÉPOCA DO BARROCO

 

1.- Para frear a expansión protestante en Europa, luterana no Báltico e calvinista nas Provincias Unidas, a Igrexa católica a requerimento de Carlos V apostou pola súa propia reforma coa convocatoria do concilio de: 1) Trieste; 2)Troyes; 3) Trento.

2.- Nunha fase inicial do reformismo relixioso no cincocentos a expresión política do catolicismo foi reforzar o poder do monarca cara a reducir as consecuencias na cohesión social das desputas teolóxicas. Sen compromiso de goberno en territorios complexos a posición protestante foi a afirmación dos dereitos: 1) políticos; 2) individuais; 3) sociais.

3.- O Imperio alemán de Fernando II cada vez máis centralizado atopou resistencias en Bohemia, un dos seus dominios patrimoniais. O rexeitamento a súa política contrarreformista culminou coa morte dos seus embaixadores no suceso coñecido como: 1) Defenestración de Praga; 2) Precipitación de Praga; 3) La mala educación checa.

4.- A extensión dos conflictos políticos-relixiosos do Imperio ao resto do continente europeo deu lugar a chamada historiográficamente pola súa duración Guerra dos Trinta Anos. A monarquía hispánica aliñouse co Imperio namentras entre os aliados protestantes estaban:1) As Provincias Unidas e Dinamarca; 2) Dinamarca e Suecia; 3) as dous.

5.- As iniciativas bélicas corresponderon alternativamente a protestantes e católicos ata que a entrada efectiva da Francia católica na alianza protestante alterou a correlación de forzas coas derrotas dos tercios españois e das compañías imperiais en :1) Rocroi; 2) Nördlingen; 3) Montaña Blanca.

 6.En 1648 esgotados os recursos de tódolos belixerantes firmouse a Paz de Westfalia que supuxo para o Imperio, fronte ao centralismo absolutista de Viena, o recoñecemento dunha Dieta como asemblea lexislativa permanente e para todo o continente: 1) a libertade relixiosa; 2) “cada religión segundo o seu rei”; 3) as dous son correctas.

7.- A rama alemana da casa austracista perdeu coa Paz de Westalia influencia real nos territorios imperiais fora dos seus dominios patrimoniais que comprendían, xunto a Austria, a: 1) Bohemia e Hungría; 2) Moravia e Franco Condado; 3) Confederación helvética e Flandes.

 8.A Paz de Westfalia significou para os Estados alemans que conformaban a nova Dieta Imperial non só independencia territorial senón tamén en política interna o triunfo do: 1) individualismo; 2) absolutismo; 3) consenso nas diferencias.

 9.Unha das principais consecuencias para a Monarquía hispánica en Wesfalia foi o recoñecemento definitivo da Independencia das calvinistas Provincias Unidas, que aproveitaron para desenvolver unha política económica mercantilista que deu fama a:1) Banca de Amsterdam; 2) Rotterdam e o seu porto; 3) Neederland e os seus tulipáns.

10.Trala guerra dos Trinta Anos, Francia codiciou en Europa un papel hexemónico en sustitución da monarquía española. Sen embargo, a Paz de Wesfalia, resultado máis dun conflicto prolongado que dunha victoria militar decisiva, consagrou na diplomacia internacional da época o principio do:1) equilibrio europeo; 2) status quo; 3)as dous.

 11.- As transformacións políticas do seiscentos tiveron como punto de partida a superación da concepción medieval do territorio segundo criterios relixiosos (Cristiandade Universal) a favor dunha concepción de identidades nacionais sobre criterios de: 1) étnia e lindes naturais; 2) lingua e costumes; 3) especialización económica.

 12.- O absolutismo como doutrina política propia da época (vs feudalismo medieval) tiña como premisa ideolóxica do dogma do poder ilimitado e indivisible do monarca: 1) a soberanía de orixe popular, 2) a soberanía de orixe divina; 3) a soberanía dos feitos.

 13.A forza do Estado, dado o volumen de gastos da administración, sobre todo en tempos de guerra, era o seu potencial económico. A doutrina económica dominante era o mercantilismo que asociamos coa formación de reservas de metais preciosos e o fomento de exportacións de manufacturas. O mercantilismo terá como consecuencia lóxica a: 1) integración entre Estados; 2) a creación de foros internacionais; 3) expansión colonial.

 14.- Con Luís XIV, Francia que no exterior aspiraba a unha expansión territorial co pretexto de dotarse de fronteiras naturais (Rin e Pirineos) alcanza o apoxeo absolutista e centralizador do seu goberno cunha política administrativa unificadora que tiña como unidade representativa:1) os virreinatos; 2) os departamentos; 3) os condados.

 15-. Nun contexto europeo de predominio das formas absolutistas, Inglaterra constituirase nun Estado con protagonismo fundamental do seu Parlamento tanto con forma republicana como monárquica, en virtude de sendos procesos revolucionarios que levan os nomes das datas correspondientes:1) 1640 e 1688; 2) 1648 e 1660; 3)1659 e 1668.

 

 

RESUMO 

Para frear a expansión protestante en Europa, luterana no Báltico e calvinista nas Provincias Unidas, a Igrexa católica a requerimento de Carlos V apostou pola súa propia reforma coa convocatoria do concilio de Trento. Nunha fase inicial do reformismo relixioso no cincocentos a expresión política do catolicismo foi reforzar o poder do monarca cara a reducir as consecuencias na cohesión social das desputas teolóxicas. Sen compromiso de goberno en territorios complexos a posición protestante foi a afirmación dos dereitos individuais.

 

O Imperio alemán de Fernando II cada vez máis centralizado atopou resistencias en Bohemia, un dos seus dominios patrimoniais. O rexeitamento a súa política contrarreformista culminou coa morte dos seus embaixadores no suceso coñecido como Defenestración de Praga. A extensión dos conflictos políticos-relixiosos do Imperio ao resto do continente europeo deu lugar a chamada historiográficamente pola súa duración Guerra dos Trinta Anos. A monarquía hispánica aliñouse co Imperio; namentras, entre os aliados protestantes estaban as Provincias Unidas Dinamarca e Suecia. As iniciativas bélicas corresponderon alternativamente a protestantes e católicos ata que a entrada efectiva da Francia católica na alianza protestante alterou a correlación de forzas coas derrotas dos tercios españois e das compañías imperiais en Rocroi.

 

En 1648 esgotados os recursos de tódolos belixerantes firmouse a Paz de Westfalia que supuxo para o Imperio, fronte ao centralismo absolutista de Viena, o recoñecemento dunha Dieta como asemblea lexislativa permanente e para todo o continente a libertade relixiosa segundo a fórmula “cada religión segundo o seu rei”. A rama alemana da casa austracista perdeu coa Paz de Westalia influencia real nos territorios imperiais, fora dos seus dominios patrimoniais que comprendían, xunto a Austria, a Bohemia e Hungría. A Paz de Westfalia significou para os Estados alemáns que conformaban a nova Dieta Imperial non só independencia territorial senón tamén en política interna o triunfo do individualismo.

 

Unha das principais consecuencias para a Monarquía hispánica en Wesfalia foi o recoñecemento definitivo da Independencia das calvinistas Provincias Unidas, que aproveitaron para desenvolver unha política económica mercantilista que deu fama a Rotterdam e o seu porto

 

Trala guerra dos Trinta Anos, Francia codiciou en Europa un papel hexemónico en sustitución da monarquía española. Sen embargo, a Paz de Wesfalia, resultado máis dun conflicto prolongado que dunha victoria militar decisiva, consagrou na diplomacia internacional da época o principio do equilibrio europeo e do status quo. As transformación políticas do setencentos tiveron como punto de partida a superación da concepción medieval do territorio segundo criterios relixiosos (Cristiandade Universal) e a favor dunha concepción de identidades nacionais sobre criterios de lingua e costumes O absolutismo como doutrina política propia da época (vs feudalismo medieval) tiña como premisa ideolóxica do dogma do poder ilimitado e indivisible do monarca a soberanía de orixe divina.

 

A forza do Estado, dado o volumen de gastos da administración, sobre todo en tempos de guerra, era o seu potencial económico. A doutrina económica dominante era o mercantilismo que asociamos coa formación de reservas de metais preciosos e o fomento de exportacións de manufacturas. O mercantilismo terá como codo barro como nsecuencia lóxica a expansión colonial. Con Luís XIV, Francia que no exterior aspiraba a unha expansión territorial co pretexto de dotarse de fronteiras naturais (Rin e Pirineos) alcanza o apoxeo absolutista e centralizador do seu goberno cunha política administrativa unificadora que tiña como unidade representativa:1) os virreinatos; os departamentos. Nun contexto europeo de predominio das formas absolutistas, Inglaterra constituirase nun Estado con protagonismo fundamental do seu Parlamento tanto con forma republicana como monárquica, en virtude de sendos procesos revolucionarios que levan os nomes das datas correspondientes a 1640 e 1688..

Blog de WordPress.com.
Entries y comentarios feeds.